Pedimos unha comisión informativa para determinar a legalidade da xestión da cafetería La Central
As respostas contradictorias, a falta de transparencia e a neglixencia pola perda de expedientes, motiva que o BNG teña que solicitar unha comisión informativa para esclarecer os termos da xestión da cafetaría anexa ao Hotel San Martín, espazo de titulariedade municipal xestionado de xeito privado mediante concesión que se adxudicou no ano 1968 cunha vixencia de 50 anos.
Inicialmente, a concesión está a nome da empresa Promociones y Alojamientos Orensanos S.A., empresa que hai uns meses realiza obras de remodelación da cafetaría non autorizadas. Dende entón, o estabelecemento pasou a ser xestionado pola empresa Jardín Japonés, sendo unha das socias María José Caldelas (esposa de José Manuel Baltar Blanco).
Cando o BNG pediu ver o expediente para saber si podía subrrogarse a concesión, a resposta do concelleiro responsábel foi que se perdera. No pleno do mes de abril, fíxoselle ao rexedor a mesma pregunta e a contestación foi a mesma, o expediente está extraviado.
Para as-os nacionalistas as circunstancias nas que se produciu este cambio de xestión non se axustan á legalidade polo que se pide a comisión na que se facilite toda a documentación respectiva á explotación desta cafetaría.
Tamén critica o BNG o abuso que se fai do espazo público. O Xardín Xaponés emprazado a carón do estabelecemento está invadido por cadeiras e mesas, parasois, pantallas de televisión, maceteiros, etc incumprindo gravemente a ordenanza de terrazas e veladores polo que tamén esiximos que o grupo de goberno faga uso das súas atribucións e devolva o espazo para o uso público.
[ Texto íntegro da MOCIÓN SOBRE A CONCESIÓN ADMINISTRATIVA DA CAFETERÍA ANEXA AO HOTEL SAN MARTÍN ]
Ourense, 30 de maio de 2014