O BNG e a AVV da Zona Vella presentarán alegacións á ordenanza de tráfico

O BNG e a AVV da Zona Vella presentarán alegacións á ordenanza de tráfico

Con certa indignación polo retraso na modificación da ordenanza de tráfico, as veciñas e veciños da Zona Vella acordaron onte presentar alegacións á normativa municipal logo de ver que o texto publicado no BOP non recolle a maioría das súas demandas.

IMG_1070

Hai máis dun ano, o BNG presentara unha proposta para introducir algúns cambios na ordenanza de tráfico, cambios que a AVV lles pedira trasladar ao equipo de goberno.

A nova normativa foi publicada no BOP o pasado 30 de abril pero a sorpresa veciñal foi que non se atendían as demandas propostas.

Onte, o grupo municipal nacionalista reuníuse coa asociación para informalos de que van rexistrar alegacións que coinciden, básicamente, coas que presentará a AVV. Ámbolos dous piden que o tempo de estacionamente aumente de 20 a 30 minutos, que as tarxetas se vinculen ás persoas e non aos vehículos e que se simplifique o papeleo para solicitar as tarxetas. Neste último ponto moitas propietarias-os apuntaban ao feito de viver en edificios construídos hai séculos dos que non teñen título de propiedade -é un dos documentos que se solicitan- pero que sí pagan o IBI polo que éste último certificado debería valer para xustificar a residencia.

Unha das cuestións que máis molestou as veciñas e veciños foi a actitude do alcalde cando se reuniron con él para plantexarlle as súas demandas. O rexedor poñía trabas argumentando que xa había 2.000 tarxetas concedidas a persoas que non residían na Zona Histórica. Comentaba algún dos asistentes o feito de que a rúa Barreira está ateigada de coches de políticos e de funcionarios-os -o BNG non ten ningunha tarxeta- que a xente pasa polas rúas da zona en coche para levar ás fillas-os ao colexio, etc, mentres as-os residentes teñen problemas a cotío para acceder as súas vivendas. Por iso piden que se anulen todas as tarxetas concedidas ata o momento e se tramiten de novo para acabar así coas fraudulentas.

O BNG e a AVV da Zona Vella presentarán alegacións á ordenanza de tráfico