O BNG-Asembleas Abertas presenta un programa acorde coa situación real da cidade
O BNG-Asembleas Abertas presentaba hoxe o seu programa electoral como o punto de chegada despois dos procesos asemblearios que se levaron a cabo nos diferentes barrios da cidade, nas xuntanzas con colectivos, asociacións e veciñas e veciños que achegaron propostas que nós incorporamos neste programa que é, a partir de agora, o punto de partida cara o futuro, para construírmos xuntos a cidade na que queremos viver.
A candidata nº 2 do BNG-Asembleas Abertas, Noa Presas, poñía en valor o proceso de elaboración aberto deste plan de traballo que ten como partida o proxecto que elaboramos no 2011 e no que traballaron, en mesas sectoriais, máis de 80 persoas representativas de diferentes ámbitos, porque no BNG entendemos a acción política como un proxecto colectivo e de participación.
Para o BNG-Asembleas Abertas, este programa é unha ferramenta para transformar a realidade do noso concello e do país, é un programa de goberno para rescatar ás persoas, sobor de todo, aquelas que pior o están pasando, a saber, desempregadas-os, desafiuzadas-os, xubiladas-os e todas aquelas persoas con problemas para facer fronte aos pagos da luz, a auga ou a calefacción.
Noa Presas tamén apuntaba as achegas que se recollen dos movementos sociais de defensa da lingua, defensa da terra, dos animais e do movmento feminista e LGTB, propostas que son posíbeis si garantimos a presenza do nacionalismo no Concello de Ourenser.
Pola súa banda, a candidata a alcaldía, Susana García declaraba que este programa é o noso contrato coa cidadanía e, en especial, coas persoas que depositan en nós a súa confianza .
Anunciaba que todas as veciñas e veciños de Ourense podían consultar na nosa web o documento, http://bng.gal/ourense/municipais2015/programa-2015-2/, estructurado en 9 bloques que recollen actuacións realistas e inseridas na conxuntura económica e social actual.
Con este programa de goberno, o BNG-Asembleas Abertas porá todos os recursos do concello ao dispor da creación de emprego ao tempo que fará unha reforma da política fiscal para que pague máis quen máis ten dado que os impostos municipais deben servir para corrixir as desigualdades mediante unha fiscalidade xusta, equitativa e progresiva.
Susana García recoñecía que todos as liñas do programa eran importantes mais as medidas que teñen a ver coa desemprego e a potenciación dos servizos sociais serán para o BNG-Asembleas Abertas prioritarias para protexer ás persoas en risco de exclusión social, afectadas polos desafiuzamentos, atención á dependencia, migrantes e comunidade cigana. Grantiremos os suministros básicos en todos os fogares que teñan dificultades para facerlles fronte.
Asemade, o Plan Municipal de Vivenda para garantir un dereito básico, campañas de promoción do consumo no comercio local , desenvolvemento do termalismo, políticas específicas para evitar a emigración da mocidade , posta en valor do noso patrimonio material e inmaterial e remunicipalización dos servizos privatizados son outras das líneas básicas recollidas no programa.