Desde o BNG califícanse as accións publicadas hoxe do PP de Ourense como prácticas mafiosas
Bernardo Varela sinala que Feijoo é corresponsábel e complice por permitir que estas prácticas mafiosas arraiguen na Provincia de Ourense , por elo debe cesar inmediatamente a Baltar. Xa foi cómplice tamén de permitir chegar a alcaldía a unha persoa á que acertadamente calificou como “letal para Ourense”.
Bernardo Varela, voceiro do grupo provincial do BNG, condena rotundamente as prácticas corruptas que se ven reflexadas nas últimas novas xurdidas nos medios de comunicación e que salpican ao presidente provincial a través das conversas do seu propio irmán, todo este só vintecatro horas despois de coñecer como familiares de traballadores da deputación asumen multas de coches oficiais de presidencia.
Mordidas, adxudicacións colocacións a dedo na deputación de Ourense forman parte das mensaxes filtradas aos medios, e evidencian que estamos ante uns feitos que lonxe de ser puntuais constitúen unha realidade estrutural e sistémica na xestión da institución polo PP. O que se viña denunciando reiteradamente, hoxe queda reflexado.
Unha xestión corrupta da institución ao servizo de intereses persoais e familiares que explican moi ás claras porque Ourense caeu no caos económico, social e demográfico que padecemos.
A situación de descontrol e prácticas mafiosas no ente provincial, debería implicar a dimisión voluntaria de calquer representante público inmerso en tales feitos, porén ao non semellar que vaia ser o caso, procede o cese inmediato de Baltar por Feijoo, xa que Rueda é incapaz de exercer calquer tipo de dirección no Partido Popular Galego.
Dendo BNG o luns porase en coñecemento da Xustiza a existencia desta información para que mais alá das responsabilidades políticas se diriman as posibles responsabilidades legais.
O que debera ser unha xornada de reflexión, vese salpicada unha vez máis polos escándalos da Deputación, agardamos que esto non impida unha alta participación nas urnas para rexenerar a Ourense e aproveitar todos os seus recursos a favor da veciñanza.