O BNG CHAMA A FREAR A NOVA MACROCENTRAL DE CASTRELO DE MIÑO

BNG NOA  E VECIÑANZA EN CASTRELO DE MIÑO
BNG NOA E VECIÑANZA EN CASTRELO DE MIÑO

Para o BNG “os ríos ourensáns están xa sobreexplotados e non podemos repetir os erros do século XX con novos prexuízos económicos, medioambientais e sociais para lucrar ás grandes eléctricas mentres Ourense se empobrece”.

O BNG CHAMA A FREAR A NOVA MACROCENTRAL DE CASTRELO DE MIÑO

Noa Presas, deputada no hórreo, acompañada de concelleiros e concelleiras da comarca, avanzou iniciativas sociais e institucionais para evitar a construción dunha macrocentral hidroeléctrica de 260MW en Castrelo de Miño, A Arnoia e Cartelle.

 

Ourense 09/09/2023. Noa Presas, deputada no hórreo, acompañada de concelleiros e concelleiras da comarca do Ribeiro, participou dun acto reivindicativo aberto. Ademais de informar do proxecto, avanzou iniciativas sociais e institucionais para evitar a construción dunha macrocentral hidroeléctrica de 260MW en Castrelo de Miño, A Arnoia e Cartelle que se atopa en fase de consultas previas para a súa tramitación no Ministerio para a transición ecolóxica e o reto demográfico (MITECO).

 

A deputada e voceira de enerxía avanzaba que o BNG “chama a frear este macroproxecto porque é contrario aos intereses económicos, sociais e medioambientais da comarca e do país para lucrar ás grandes eléctricas mentres O Ribeiro e as comarcas de Ourense esmorecen economica e demograficamente cun modelo colonial polo que non recibimos beneficios directos e se nos rouba capacidade de decisión.

A nacionalista recordou que “Ourense ten no seu territorio o 50% da gran hidráulica, os nosos ríos están hiperexplotados e aínda así iso só serve para lucrar as eléctricas mentres nós temos os peores datos galegos de empobrecemento, avellentamento e emigración”. O BNG defende “abordar unha descarbonización que sexa planificada e ordenada, con proxectos acordes ás nosas necesidades e avaliados en conxunto, ordenando que tipo de tecnoloxías precisamos e onde temos que situalas”. Nese sentido, o BNG defender que a Xunta elabore un Mapa de necesidades enerxéticas e un novo modelo enerxético con participación pública e que se someta a avaliación ambiental estratéxica.

 

O BNG recorda que cos últimos datos “ 2022, Galiza exportou o 40,5% da electricidade xerada. Ademais, do total producido, o 64,8% foi renovable, cumprimos os obxectivos da UE para 2030 e temos dereito a facer unha planificación ordenada.

 

Presas recordou que “renovable non é inocuo, senón que tamén ten impacto. Neste momento hai 8 macrohidráulicas en tramitación en todo Galiza que suporían duplicar a potencia xa instalada cun enorme impacto ambiental só comparable ao que supuxo a instalación da hidráulica que xa temos, e que non se está a avaliar de forma conxunta e acumulada, da mesma maneira que está a pasar co boom eólico”

 

Por estes motivos, o BNG levará a concellos, deputación, Parlamento e Congreso iniciativas para que o Ministerio desbote avanzar neste proxecto.

O BNG CHAMA A FREAR A NOVA MACROCENTRAL DE CASTRELO DE MIÑO