O BNG coas reivindicacións da veciñanza de Seixalbo
O BNG pedirá mañá no pleno que o Concello de Ourense interceda diante da Xunta para dar solución aos problemas de tráfico que padecen as-os veciñas-os de Seixalbo logo de que a COTOP decidira pintar unha liña contínua dende Ourense ate O Cumial.
As queixas de todo un pobo, así como as das empresas emprazadas no polígono da zona, materializáronse xa na recollida de sinaturas e na convocatoria hoxe, ás 20:30 horas, dunha concentración na rotonda de acceso ao Paco Paz na que participarán cargos orgánicos e instituionais do BNG.
Membros da AVV San Breixo reuníranse cos responsábeis da sinalización para facer aportacións pero á hora da verdade non só non recolleron nengunha das propostas senón que os cambios, na vez de aportar solucións, complican o tráfico e engaden perigo e prexuizos para os residentes e as empresas de Seixalbo.
O BNG apoia as reinvindicacións veciñais porque é razonábel o que piden as-os veciñas-os dado que coa sinalización actual teñen que percorrer kilómetro e medio para ir en dirección a Ourense.