O BNG no Concello de Ourense urxe ao resto de forzas políticas a desbloquear dunha vez por todas a situación. Ourense non pode agardar máis
A formación nacionalista pídelle ao resto de grupos municipais celeridade na toma de decisións,emprazándoos a asinar canto antes a moción de censura que permita desbloquear a situación de parálise e caos, para o BNG "acabáronse os xogos florais".
Ourense, 06 de Outubro de 2020. Na mañá deste martes 06 de outubro, os concelleiros do Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense, Luis Seara e Rhut Reza compareceron ás portas da casa consistorial para avaliar a situación institucional do concello e os movementos das últimas horas.
Para o concelleiro e voceiro nacionalista Luis Seara, resulta incoherente "acordar no pleno do pasado venres abrir unha canle de diálogo e despois non participar dela", en clara alusión a ausencia do PsdeG-PSOE da reunión mantida onte polo resto de grupos municipais na sede do Liceo de Ourense.
Seara incidía no feito de que a reunión serviu para "clarificar as posicións de cada un" e para "deixar o xogo soterrado dos últimos días", ao tempo que lembraba a postura que ven mantendo o BNG desde o comezo da crise de goberno.
Para Luis Seara "Non se pode seguir mareando máis a perdiz, acabáronse xa os xogos florais, o BNG non vai asistir a ningunha mesa máis nin multilateral nin bilateral para seguir perdendo o tempo. Queremos que eso quede claro".
O Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense, á única mesa á que asistirá será "aquela na que nos convoquen para asinar a moción de censura, todo o demáis, sobra".
Tanto Luis Seara como Rhut Reza manifestan que mentras tanto seguirán traballando tal e como o veñen facendo desde o primeiro minuto do primeiro día de mandato a prol das veciñas e veciños de Ourense. manifestaron tamén que "seguiremos acudindo a cantas reunións de traballo se nos convoque para falar dos problemas de Ourense e fundamentalmente para abordar as solucións que saquen ao concello da situación de caos e parálise na que se atopa".
Ao tempo que inciden no feito de que mentras seguimos nesta situación, "a outros parece que o único que lles ocupa e preocupa é como solventar as súas situacións persoais". Seara explicabao en base a que "se o alcalde é ilexítimo para cudir a unha reunión para falar do PXOM ou da ordenanza de veladores, será igual de ilexítimo para facerlle propostas a respeito das adicacións exclusivas ou do persoal de confianza".
A preguntas dos xornalistas sobre a posible participación do BNG nun futuro novo goberno local, Luis Seara manifestou que "o BNG xa dixo claramente que non queremos ningunha cota de poder" para engadir que colaborarán co novo goberno, que entenden, debe ser o conformado pola lista máis votada.
Sobre a situación sanitaria na que se atopa o Concello de Ourense.
O voceiro nacionalista tamén se referiu á situación sanitaria na que nestes momentos se atopa a cidade de Ourense e por extensión o resto do termo municipal.
Seara volveu reiterar unha vez máis, a necesidade de que o alcalde convoque unha xunta de voceiros para coñecer polo miúdo a situación, saber cales son as medidas que se están implementando desde o propio concello e tentar buscar solucións entre todos. Para Luis Seara "non é normal que nos enteremos do que acontece e das medidas que se adoptan polos medios de comunicación".
Tamén lamentou que a actuación do concello en toda esta grave situación, limítase exclusivamente a dar traslado das medidas que toma a Xunta de Galiza.
Por último, o concelleiro e voceiro municipal quixo facer un chamamento á veciñanza para que extreme as medidas de seguridade e para que cumpra cos protocolos establecidos ante o incremento exponencial de casos.