O BNG conquire o consenso da Deputación de Ourense para denunciar a infrafinanciación dos concellos galegos pola Xunta de Galiza e o Estado español e esixir outro modelo de financiación.

Bernardo Varela na Deputación provincial
Bernardo Varela na Deputación provincial
Varela demanda un novo modelo de financiación por parte do Estado e da Xunta para os concellos galegos que atenda a realidade do noso País, e é respaldado por todos os partidos.
O BNG conquire o consenso da Deputación de Ourense para denunciar a infrafinanciación dos concellos galegos pola Xunta de Galiza e o Estado español e esixir outro modelo de financiación.

O voceiro do grupo provincial do BNG, Bernardo Varela, puxo de manifesto que representantes dos diferentes partidos presentes na Deputación provincial de Ourense son conscientes da discriminación que padecen os concellos galegos por parte do Estado español e da Xunta de Galiza e en especial a poboación dos municipios menos poboados de Galiza.

 O actual modelo establecido en 2004 discrimina aos concellos máis pequenos e é espcialmente lesivo para os concellos galegos, no que a dispersión poboacional incrementa considerablemente o custe dos servicio que os concellos galegos prestan a veciñanza respecto a outros concellos do Estado. Galiza ten o 58,6% dos nucleos de poboación de todo Estado español.

 Grazas á iniciativa do BNG na Deputación todos os partidos acordaron  esixir ao Parlamento do Estado español a reformulación dos criterios de distribución dos Fondos adicados ás Entidades Locais, establecendo un criterio que reverta a actual situación, cunha fórmula que favoreza á poboación dos municipios con menor número de habitantes. “En definitiva, que se Madrid ten unha ponderación de 1 por veciño, A Teixeira teña 1,5; Verín 1,4 e Ourense 1,3 facendo unha proposta construtiva. E que estes criterios de distribución teñan en conta a dispersión poboacional.”

 Os  municipios galegos perderon 2.200 millóns de euros desde a entrada en vigor do actual sistema, e dificilmente se pode dar servizos á veciñanza sen uns orzamentos axeitados á realidade do noso País, indicaba o voceiro nacionalista, máis cando os concellos tiveron que asumir moitas competencias impropias moitas delas que deberan ser asumidas pola Xunta de Galiza.

Neste mesmo sentido, Varela acadaba tamén o apoio unánime ante a denuncia da discriminación que os municipios galegos padecen por parte da Xunta de Galiza. “Un ano máis a maioría dos fondos destinados aos concellos pola Xunta teñen carácter discrecional (72,2%) e un ano máis manteñen as cifras de anos anteriores, sen ter en conta as necesidades reais dos concellos”.

 A proposta do BNG todas as organizacións con representación no ente provincial, PP, PSOE, D.O e non adscritos, acordaron que a Deputación de Ourense inste á  Xunta de a establecer por lei a regulación da participación nos ingresos da Comunidade Autónoma dos concellos galegos, na que se clarifique a participación anual e os criterios de reparto. Así mesmo, indica Varela, é preciso que desde a Xunta de Galiza se estableza un “Plan para os concellos”, no que se integre  un “Fondo de Cooperación Local”, con todas as axudas e subvencións anuais que o goberno galego destina ás entidades locais para maior respecto á autonomía financeira e á suficiencia local; un “Fondo Anual de Infraestruturas a Entidades Locais”, formado polas transferencias de capital que a Xunta destina aos concellos a través de convenios e subvencións; e activar un “Instrumento de Transparencia” para establecer medidas de reparto equilibrado.

 

Así mesmo o pleno provincial acordou instar ao goberno do Estado español a que estableza que os Fondos Next Generation permitan o acceso directo aos concellos de menos de 50.000 habitantes, cun orzamento mínimo por concello e marcando claramente as liñas de actuación, de xeito que se impida un mal uso por parte das Administracións Locais.

 

 

Reforma laboral: o  BNG defende a derrogación íntegra da reforma laboral do PP de 2012.

O BNG opuxose durante o debate da moción do PSOE á “contra reforma laboral do PSOE-UP” , que como dí o PP mantén o 90% da reforma laboral do M.Rajoy.

O BNG denunciou que esta contra reforma furtou o debate e adoece dunha gran falta  de consenso social, como evidencia o feito  de que se sacase o diálogo e o debate sobre a reforma  do “Consello Económico e Social do Estado”,  e que se levase as negociacións cara un organismo creado Ad hoc no que poder excluír aos representantes sociais que legalmente consitúen o Consello Económico e Social do Estado.

Varela manifestou claramente que o  BNG defende a derrogación íntegra da reforma laboral do PP de 2012.

 

AXUDAS SOCIAIS Á INFANCIA E SAF

 Destinar un ano máis a diminuída cantidade de un millón e medio para os catro programas provinciais de axuda á infancia e ao SAF para os 91 concellos de Ourense resulta a todas luces insuficiente.

 “Vimos dunha época onde os fondos  provinciais foran reducidos e que levou á redución destas partidas desde o ano 2019. Porén tras a aprobación dun aumento de fondos do Estado para a provincia non ten sentido seguir mantendo partidas reducidas, cando perfectamente se podrían ampliar pola  expansión orzamentaria.

O voceiro do BNG sinalou que destinar 11 páxinas para fixar uns criterios equitativos para que ao final se adiquen máis fondos de axuda a infancia a concellos con menos nenos resulta pouco lóxico. “Nunha provincia onde ter crianzas é toda unha fazaña, debe ter un maior apoio.”

Sinalou que resulta paradóxico que se sigan asignando só 300.000 euros de axuda á natalidade para 91 concellos, e que á vez a Deputación asigne na mesma semana case a mesma cantidade, 250.000 euros, para o COB.

 

 

PLAN ÚNICO: PP e DO perpetúan o caciquismo na provincia.

O reparto de fondos da Deputación de Ourense, sinalado tamén o Consello de Contas da Xunta de Galiza en dous informes, non se axusta ás necesidades reais dos concellos

O BNG presentou unha proposta para que o Estado lle estableza ás provincias a obrigatoriedade de distribuír cando menos o 25% dos fondos provinciais entre os municipios de cada provincia en base a criterios obxectivos.

A  distribución de fondos provincias a través dun “Plan Único” é unha medida que o BNG ven impulsando nas tres provincias galegas nas que goberna. As Deputación da Coruña, Lugo e Pontevedra asignan recursos económicos aos seus concellos en función de criterios obxectivos, como a dispersión, a poboación, a superficie e o índice de avellentamento.

O PP de Lugo, e Democracia Ourensana chegaron a solictar este modelo cando formaron parte da Oposición. Porén, hoxe PP e DO, neganse a un reparto democrático dos fondos e perpetúan a desigualdade, e o caciquismo  na nosa Provincia.

 

O BNG conquire o consenso da Deputación de Ourense para denunciar a infrafinanciación dos concellos galegos pola Xunta de Galiza e o Estado español e esixir outro modelo de financiación.