O BNG CRITICA QUE SE SUPRIMA A ESPECIALIDADE DE VIOLÍN NA ESCOLA DE MÚSICA

O BNG CRITICA QUE SE SUPRIMA A ESPECIALIDADE DE VIOLÍN NA ESCOLA DE MÚSICA

A falla de vontade política non pode condicionar a prestación dunha modalidade que deixa “colgad@s” a moit@s alumn@s

O BNG apoia as reivindicacións d@s alumn@s da escola municipal de música, na especialidade de violín, que a día de hoxe aínda non puideron matricularse porque o Concello vai suprimir esta modalidade.

Este recorte verifícase nos orzamentos para o 2013, onde a partida destinada a persoal laboral temporal de educación redúcese en máis de 22.000 €.

A praza estaba cuberta por persoal laboral que agora ocupa o posto de auxiliar de grupo político. Para substituilo contrataron a unha docente por tan só 17 horas semanais o que supuña só cubrir o horario das clases do instrumento maís non a orquestra, os combos, as preparacións das clases e as titorías.

Xa no mes de marzo est@s alumn@s manifestaron na concellaría de Educación a súa preoucpación polo futuro da continuidade desta especialidade ao tempo que expresaron as queixas pola merma das horas impartidas o que repercutía gravemente na calidade do servizo. Sempre lles dixron que non se preoucparan que a modalidade se ía seguir mantendo.

Para o grupo municipal do BNG non vale a excusa de que o Concello non pode contratar novo persoal; débense buscar alternativas para manter este servizo igual que se fixo coa contratación “dilixente e urxente” da exconcelleira non electa Carmen Rodríguez Dacosta como coordenadora de grupo político ou como directora xeral que o alcalde ten previsto efectivizar próximamente.

O BNG CRITICA QUE SE SUPRIMA A ESPECIALIDADE DE VIOLÍN NA ESCOLA DE MÚSICA