O BNG defende en Avión un novo modelo eólico que sexa xusto, galego e sostible
Presas visitou unha das zonas afectadas polos máis de 20 parques previstos para a zona da Serra do Suído e reclamou unha nova ordenación que exclúa zonas pendentes da ampliación da Rede Natura.
O BNG continúa coa súa campaña a prol dun modelo de enerxía eólica sostible, xusta e galega fronte ao modelo de arrase da Xunta de Galiza xa que “Esta expansión eólica está a desenvolverse sen unha adecuada planificación e control público e sen garantías para a participación social, a salvagarda do patrimonio natural e dos usos sociais e económicos do noso territorio”.
Así mesmo, Presas recordou que “o BNG xa presentou nos últimos meses iniciativas en defensa da Serra do Suído nos concellos de Beariz, Avión, A Lama, Fornelos, Covelo e Mondariz, nas deputacións de Pontevedra e de Ourense e no Parlamento Galego pedindo a declaración como Lugar de Interese Comunitario (LIC) e integración na Rede Natura 2000 ademais de protección para os recursos hídricos, fundamentais na loita contra a crise climática e para asegurar o fornecemento ás poboacións e ao sector agrogandeiro e tamén polo papel clave como corredor natural en conexión coa Serra do Cando e do Candán. Ademais, a formación nacionalista recorda que “estamos a ver unha gran contestación social a través de numerosos colectivos e actos, como a marcha que percorreu o Suído desde Covelo a fin de semana pasada que o PP non pode seguir ignorando.”
Para as e os nacionalistas “existe un clamor social que reclama un novo modelo eólico, a comezar por un novo plan sectorial eólico que ordene o país protexendo as áreas que deben estar excluídas, como son todas as zonas pendentes da ampliación da Rede Natura ou altamente importantes para a biodiversidade”
Así mesmo, para Presas este caso exemplifica “o modus operandi do PP pois como noutras partes do país, a ampliación das figuras de protección quedou conxelada, como é a declaración de parte da serra do Suído como LIC e agora ten a espada de Damocles de proxectos mineiros e de máis de 20 proxectos de parques eólicos en tramitación pola Xunta de Galiza e faise ademais con falta de transparencia e fraude de lei cunha clara fragmentación de proxectos para axilizar a tramitación e sortear a avaliación dos impactos para que non se vexan de forma global.”
Fronte a este modelo lesivo, “o BNG defende medidas para un novo modelo eólico galego: Desenvolver e aprobar un novo marco regulatorio do sector eólico que incremente as garantías sociais, económicas e medioambientais, dar rango de lei ao impulso de Plans de Desenvolvemento Industrial asociados ás novas instalacións establecendo medidas para que as autorizacións de novos parques eólicos se vinculen a proxectos industriais que xeren riqueza e emprego no país e favorecer que unha parte das compoñentes sexan desenvolvidos en Galiza e impulsar medidas para garantir a socialización dos beneficios do papel xerador de Galiza e o retorno económico para o noso país apostando pola constitución dunha empresa pública galega de enerxía e fomentando a participación pública da Xunta e dos concellos galegos así como das persoas propietarias das terras (comunidades de montes, propiedades agrogandeiras) de maneira que xere rendas complementarias