O BNG demanda a inmediata dimisión de Baltar

Bernardo Varela, voceiro do grupo provincial do BNG na deputación de Ourense
Bernardo Varela, voceiro do grupo provincial do BNG na deputación de Ourense

Bernardo Varela esixe  a dimisión inmediata de Baltar como a única solución para rematar cos escándalos e as mentiras do presidente da Deputación de Ourense

O BNG demanda a inmediata dimisión de Baltar

Bernardo Varela, voceiro do grupo provincial do BNG, denuncia unha vez máis a actitude do presidente da Deputación de Ourense , señor Baltar. “O 28 de abril en sede plenaria mentiu descaradamente non só os representantes dos grupos da oposición  que preguntabamos pola súa situación a respecto das multas pola temeraria condución dun vehículo público, senón que tamén mentiu descaradamente á cidadanía de Ourense”. Declarou Varela, tras facerse pública outra multa ao presidente provincial  á altura de Allariz por circular a 173km/h, o mesmo día que foi multado por circular as 215kkm/h.

 Esta é unha situación bochornosa que só se resolve coa dimisión, non hai outra forma de resolvelo, sinalou o veceiro nacionalista, que quere lembrarlle á cidadanía que o 28 de maio pode e debe botar fora a este señor da institución provincial .

Non pode ser que diante de todos, á cara, nos dixese que foi un despiste circular a 215 km/h. O 28 de abril díxonos eso, pero el xa sabía que  circulara a 173 km/h á altura de Allariz ese mesmo día, non conseguimos saber, porque non nos respostan, a cantidade de multas que levamos pagado entre todos por causa do señor Baltar e os seus compinches. Esta é unha máis e agardamos, que entre todas e todos non se volten a producir, e para iso hai que telo claro: “non se poden voltar as listas do PP”

“A dimisión é a única solución, os escándalos teñen que rematar”. Esta forma temeraria de conducir un vehículo público é o fiel reflexo da forma temeraria que ten de conducir a Deputación provincial de Ourense, como se fose o seu “cortijo”  particular ten que rematar e temos oportunidade o 28 de maio

O BNG demanda a inmediata dimisión de Baltar