O BNG demanda unha nova convocatoria para pediatría de Verín
Presas: "O SERGAS non se tomou a molestia de incentivar nin o máis mínimo estas contratación"
A deputada do BNG, Noa Presas, exixíu que se abra outra convocatoria de prazas de pediatría e abrir o paridoiro máis o servizo de urxencias pediátricas de Verín. Acusou á Xunta de Galiza do PP de non levar a cabo unha política laboral atractiva para fixar poboación con prazas pouco atractivas e sen incentivos nas convocatorias.
As prazas que en decembro sacaba o servizo galego de saúde para cubrir as vacantes de pediatría volveron quedar baleiras. Dende o BNG advertían xa nese mes que esta convocatoria "nacía errada" porque era exactamente igual á que xa quedara deserta hai uns meses. "O SERGAS non se tomou a molestia de incentivar nin o máis mínimo estas contratación" recalcou Presas.
Mentres estas prazas non fiquen cubertas, a deputada do BNG sinalou que terían que aplicar "a rotación que se estaba facendo antes de tomar a decisión unilateral de pechar a sala de partos de Verín". Este tipo de rotacións estanse levando a cabo en outros hospitais comarcais. O BNG non entende a razón que impide a levar a cabo este tipo de solución temporal namentres non se cubran as prazas do Hospital Comarcal de Verín. A deputada do BNG sinalou que isto obedece á estratexia do Partido Popular para ter unha desculpa externa a eles e argumentando así, o peche dos servizos de pediatría de urxencias e paridoiro de Verín.
O BNG tamén instou ao SERGAS a sacar unha nova convocatoria para as prazas de pediatría de Verín. Estas prazas, segundo a formación nacionalista, teñen que ser moito máis atractiva e teñen que ter como obxectivo atraer persoal a Ourense.
Presas pedíu que a Xunta asuma que foi "a política laboral" do Partido Popular, mandando profesionais sanitarios- entre eles pediatras- a outras partes do país e do Estado. Asemade, reclamou que rectifiquen nas súas decisións políticas en materia laboral xa que tamén foi xudicializada e sentenciada por varios tribunais.
O BNG demandou unha nova convocatoria que teña incentivos económicos, estabilidade e incentivos en canto a investigación e rotación con outros hospitais: "hai que facer destas prazas unhas prazas máis atractivas para que poidan vir pediatras para o Hospital de Verín". Presas finalizou a súa intervennción afirmando que se "precisa de acción política por parte da Xunta de Galiza para facer algo diferente e que poida resolver a ausencia de pediatras no hospital comarcal de Verín".