O BNG denuncia o "caos" no transporte escolar na zona de Paderne e acusa ao PP de "desistir das súas responsabilidades"
A deputada do BNG, Noa Presas, pedirá explicacións no Parlamento de Galiza e exixirá responsabilidades ao Partido Popular
A deputada do BNG, Noa Presas, cualificou como "caótico" o transporte escolar na zona de Paderne e exixíu responsabilidades. Debde o BNG consideran que as demoras erros e falta de conexión sucedidas a comezos de ano van máis aló do xustificábel e responsabilizan á Xunta de Galiza por deixar a organización do transporte na man das empresas.
Os días 8 e 9 de xaneiro o transporte escolar na zona de Paderne tivo varias eivas: demoras, erros e falta de conexións. O primeiro destes días o caos e a inseguridade aconteceron no transporte escollar de centros coma o de Allariz, Seixalbo e Barbadás. Mais isto é algo que continuo este xoves en zonas como Paderne de Allariz.
Para o BNG consideraron inxustificábel que haxa problemas dous días seguidos na mesma zona e indicaron que isto "amosa a improvisación e a falta de planificación por parte da Xunta de Galiza". A deputada do BNG por Ourense, Noa Presas, sinalou que "este caos vai máis alá do xustificábel" e responsabilizou, fundamentalmente, á Xunta de Galiza do Partido Popular por deixar a organización na man das empresas e "desistir das súas responsabilidades de vixiancia".
"Pediremos explicación no Parlamento de Galiza sobre estas situacións de inseguridade vividas nas liñas que conectan cos centros educativos" sinalou Presas. A postura do BNG respáldase polo acontecido este xoves, nove de xaneiro, onde no concello de Paderne o nenos e nenas non foron recollidos até as 10 da mañá sendo afectadas tres das rutas. "Hai autobuses que circularon sen acompañantes e as crianzas tiveron que ir amoreados nun único autobus como se fosen gando" denunciou a deputada do BNG.
A formación nacionalista lembrou que todo o proceso de posta en marcha do Plan de Transforte foi "un experimento chapuceiro" e puxo de manifesto que "as présas, a precipitación e a falta de diálogo e participación trouxeron problemas graves e continuados" sen un transporte adecuado en pleno século XXI.
"A Xunta do Partido Popular ten que facer máis que mandar notas de prensa lamentando a situación mentres nenos e nenas esperan horas ao frío e as nais e pais non teñen a certeza do que pasa coas súas crianzas" apuntou a deputada do BNG. Asemade, sinalou que todas estas situacións de "caos" e "graves" van en contra da normativa e todos os protocolos establecidos e concluíu cualificando como "inxustificábel que haxa problemas días continuados nas mesmas zonas"