O BNG demandará en Pleno, a elaboración dun Plan Director de infraestruturas que permita coordinar as actuacións a levar a cabo, rematar cos continuos levantamentos de rúas e cos frecuentes atentados ao patrimonio

INTERVENCIÓN NA RÚA DAS BURGAS
Recente intervención na rúa das Burgas

Os nacionalistas poñen como exemplo da necesidade deste documento as obras que se están a realizar na rúa das Burgas e nas que se estragaron pedras centenarias do enlousado, sendo como é, zona BIC

O BNG demandará en Pleno, a elaboración dun Plan Director de infraestruturas que permita coordinar as actuacións a levar a cabo, rematar cos continuos levantamentos de rúas e cos frecuentes atentados ao patrimonio

Ourense, 22 de febreiro de 2021. O Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense ven de denunciar públicamente algo que por desgraza nin é novo nin sucede soamente nunha zona concreta da cidade e así o espuxeron en rolda de prensa esta mesma mañá o concelleiro Luis Seara e a concelleira Rhut Reza.

Falan os nacionalistas do feito de que se estén a levantar continuamente as rúas para acometer obras relacionadas con servizos básicos como pode ser o cableado eléctrico, a instalación de fibra ou o arranxo da rede de saneamento. "hai rúas que en apenas un ano se abriron ata tres veces".

As consecuencias destas obras son varias. desde a xeración de ruidos e problemas de mobilidade ata graves perxuizos económicos aos comercios da zona. Segundo Seara "falamos as veces de obras que se prolongan no tempo máis do estrcitamente necesario".

Para o BNG non é entendíbel que non exista un cronograma de intervención onde se determinen as obras a acometer en cada rúa e evitar deste xeito que teñan que ser continuamente levantadas, "o que orixina desperfectos tanto no pavimento como no enlousado se falamos da zona histórica".

Por este motivo, desde o BNG no Concello de Ourense levarán ao pleno do mes de marzo unha moción para instar ao Goberno Local a redactar un Plan Director de Infraestruturas que permita "ter non soamente un historial e situación das infraestruturas básicas dos distintos barrios da cidade, senón que posibilitaría proxectar e levar a bo termo as diferentes actuacións dun xeito coordinado, sen que se solapen entre as diferentes concellerías ou organismos públicos alleos aos municipais que interveñan".

Falan no BNG "dun documento baseado en estudos previos realizados por un equipo multidisciplinar que ten a vontade de coordinar de maneira coherente e baixo os mesmos criterios, as distintas fases de intervención sobre un ben ou ámbito específico". Ditas fases figuran ordeadas cronolóxicamente así como cuantificadas en termos económicos na medida en que sexa posíbel para ter deste xeito unha ferramenta útil de traballo.

Esta situación, sobre todo na zona histórica na que "os vehículos circulan actualmente con total liberdade e descontrol", supón un gasto bastante considerable. Así, no ano 2020, o gasto derivado das actuacións que afectaban soamente o enlousado das rúas acadaron os 30.000 euros, gasto ao que hai que engadir o de outro tipo de actuacións nas redes de infraestruturas tales como alumeado, abastecemento, etc.

Seara incidiu, "de ter un Plan Director, este gasto poderíase reducir ata nun 40%, ademáis de resolver problemas de embelecemento e adecentamento do noso patrimonio como pode ser a eliminación do cableado eléctrico das fachadas dos nosos edificios".

Por estos e por algún motivo máis que o BNG exporá no pleno durante o debate, é polo que os nacionalistas presentan a moción anteriormente referida. "Temos que protexer o noso patrimonio e polo tanto evitar agresións continuas con obras de infraestruturas perfectamente coordinábeis entre sí para evitar as maiores molestias posíbeis e con directrices claras sobre como executalas. As empresas acometedoras teñen que saber como proceder nas rúas da cidade e o departamento de infraestruturas do concello, velar polo cumprimento do Plan e das directrices establecidas no mesmo".

Explotación cafetería do Pavillón dos Remedios

En relación coa información aparecida esta fin de semana sobre o canon de explotación da cafetería do Pavillón dos Remedios, o concelleiro Luis Seara quixo por de manifesto que o Alcalde, neste caso, a través das redes sociais oficiais do Concello, volveu mentir co único obxectivo de "facer dano de forma gratuita".

Seara foi contundente ao afirmar que "por ser suave, vou dicir que é unha auténtica canallada", para engadir, "a concesión da cafetería do Pavillón saiu no seu día, nun contexto de crise e condicionada a unha reforma de 96.000 € cuio coste recaería no adxudicatario". Luis Seara quixo deixar claro tamén que a diferencia do manifestado polo concello o canon actual é de 500 € "e non 200 € como se quere trasladar ou ver facer".

"O alcalde traslada información falsa co único obxecto de facer dano e cunha intencionalidade política de vincular ao PSdeG -PSOE e o BNG, polo que lle solicitamos que rectifique e pida disculpas públicas".

O Concelleiro Luis Seara rematou a súa intervención afirmando que estamos ante "Unha persoa que é quen de mentir deliberadamente e que o único que pretende é facer dano e situando á persoa ou persoas adxudicatarias como se fosen delincuentes non é normal".

O BNG demandará en Pleno, a elaboración dun Plan Director de infraestruturas que permita coordinar as actuacións a levar a cabo, rematar cos continuos levantamentos de rúas e cos frecuentes atentados ao patrimonio