Noa Presas culpa ao Partido Popular de eximir as súas responsabilidades na Xunta de Galiza
O BNG denuncia o "caos" no transporte escolar por terceiro día consecutivo na zona de Paderne de Allariz
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) denunciou, unha vez máis, o caos no servizo de transporte escolar na zona de Paderne de Allariz. A deputada do BNG, Noa Presas, indicou que é o terceiro día que as crianzas deste Concello chegaron “con moito retraso” ao seu colexio en Seixalbo. Asemade, criticou ao Partido Popular e instounos a “volver das vacacións de Nadal” e “poñerse a traballar”.
Os días 8, 9 e 10 de xaneiro o transporte escolar na zona de Paderne tivo varias eivas: demoras, erros e falta de conexións. O primeiro destes días o caos e a inseguridade aconteceron no transporte escollar de centros coma o de Allariz, Seixalbo e Barbadás. Mais isto é algo que continuo este xoves e venres en zonas como Paderne de Allariz.
“É o terceiro día consecutivo dende que se reiniciaron as aulas e o terceiro día que existen problemas nas liñas de transporte escolar da zona” indicou a deputada do BNG, Noa Presas. Continuou sinalando que a “Xunta de Galiza ten que abandonar as vacacións de Nadal e poñerse a traballar coa empresa de transporte para solucionar estes problemas que aparecen constantemente”. Presas sinalou que non é unha liña nova neste servizo de transporte escolar.
Hoxe as crianzas do concello de Paderne de Allariz volveron a chegar tarde ao seu colexio en Seixalbo por culpara do transporte escolar. Dende o BNG consideraron inxustificábel que haxa problemas tres días seguidos na mesma zona e indicaron que isto "amosa a improvisación e a falta de planificación por parte da Xunta de Galiza". Sinalaron que "este caos vai máis alá do xustificábel" e responsabilizou, fundamentalmente, á Xunta de Galiza do Partido Popular por deixar a organización na man das empresas e "desistir das súas responsabilidades de vixiancia".
Asemade, Presas sinalou que todas estas situacións de "caos" e "graves" van en contra da normativa e todos os protocolos establecidos e concluíu cualificando como "inxustificábel que haxa problemas días continuados nas mesmas zonas".
"Pediremos explicación no Parlamento de Galiza sobre estas situacións de inseguridade vividas nas liñas que conectan cos centros educativos" sinalou Presas. A postura do BNG respáldase polo acontecido este xoves, nove de xaneiro, onde no concello de Paderne o nenos e nenas non foron recollidos até as 10 da mañá sendo afectadas tres das rutas. "Hai autobuses que circularon sen acompañantes e as crianzas tiveron que ir amoreados nun único autobus como se fosen gando" denunciou a deputada do BNG.
Plan de transporte escolar “improvisado”
A formación nacionalista lembrou que todo o proceso de posta en marcha do Plan de Transforte foi "un experimento chapuceiro" e puxo de manifesto que "as présas, a precipitación e a falta de diálogo e participación trouxeron problemas graves e continuados" sen un transporte adecuado en pleno século XXI.