O BNG esixe que a Deputación non lle pague nin un euro máis a Flager
Desde o grupo Provincial do BNG queremos manifestar que a reclamación de FLAGER á deputación é o resultado dun dos episodios máis tristes e desgraciados da historia recente desta Provincia, que tivo como protagonista a José Luis Baltar Pumar, quen hoxe está a ser enxuizado por un presunto delicto de prevaricación, pero que poderia ter sido xulgado, no seu momento, por ter regalado un dos patrimonios máis importantes dos Ourensáns e Ourensás.
Resulta, pois, evidente, que aqueles polvos trouxeron estos lodos. O Partido Popular na deputación, co seu Presidente á cabeza, argallou un procedemento torticeiro e xurídicamente discutible, coa única finalidade de excluir o aproveitamento da finca e evitar un concurso público sobre a mesma onde participaran en pé de igualdade todas as empresas construtoras e inmobilarias Ourensás, que existían naquel momento, coa única finalidade de darllo a Flager, a prezo de saldo. E ata aquí todo correcto, o problema é que non se contaba en que aparte de Flager había outras persoas, os/as reversionistas, que non lle venderan á dita inmobiliaria, e que defendían outros intereses distintos, intereses que foron recoñecidos xudicialmente.
Nós non entramos a valorar si a inmobiliaria coñecía ou descoñecía a existencia duns posibeis dereitos de reversión cando adquiriu a finca, pero moito nos extrañaría que non fora así. Probabelmente naquel momento, onde aínda non se albiscaba a crise do ladrillo, a inmobiliaria asumiu o risco porque era conscente que nesa coxuntura favorable este pequeno atranco quedaría máis que compensado. O problema resulta que coa crise do ladrillo a cousa non saiu todo o desexado, e a partires de aí veñen os problemas entre os antigos colaboradores.
Desde o BNG temos claro que a deputación non debe aboar un só euro máis de diñeiro público, porque xa foi máis que abondo co agasallo da finca no seu momento, e no hipotético caso de que a xustiza lle dera a razón a Flager, e en consecuencia a deputación tivera que asumir o pago de máis de 7 millóns de euros, entendemos que terían que ser os que dilapidaron o patrimonio dos cidadáns os que asuman co seu patrimonio as responsabilidades e a indeminzación que puideran corresponder.