O BNG esixe medidas contundentes para solucionar o drama dos desafiuzamentos
Ourense, 6 de maio 2013. A inoperancia dos gobernos agudiza o drama das persoas desafiuzadas
O Grupo Municipal do BNG lamenta o intento de suicidio dunha persoa que fora desfiuzada e que se atopaba no desemprego, acontecido hoxe.
O BNG súmase ás críticas da Plataforma Stop Desafiuzamentos de Ourense que critican a falla de medios no Concello de Ourense para evitar estas situación.
Esta persoa foi atendida nos servizos sociais pero nestes momentos non se precisan só axudas puntuais senón seguementos para que as persoas desesperadas sintan o arroupamento das institucións que gobernan.
O BNG critica duramente a actitude do PP que goberna de costas ás maiorías sociais como demostrou recentemente no Congreso ao rexeitar as emendas nacionalistas que aínda que mantiñan como preferencia a alternativa da dación en pago tamén pedían a renegociación da débeda ou a conversión da hipoteca nun aluguer.
O Partido Popular só lle preocupan os escrachos aos que cualifica de actos terroristas e amosa nula sensibilidade ante a situación desesperada que están a viver moitas familias no noso País.
Foi o BNG no Concello de Ourense quen tivo a iniciativa de apoiar a recollida de sinaturas para a Iniciativa Lexislativa Popular tumbada no Congreso- así como a creación dunha comisión de seguimento na que participa a Plataforma ourensá. Estas medidas, tendo en conta que a situación tende a empeorar ao medrar o desemprego e perder a poboación poder adquisitivo, amósanse insuficientes polo que os nacionalistas impulsarán novas iniciativas para axudar a@s afectad@s.