Apróbase favorecer a contratación públicas con empresas ourensás co voto en contra do PSOE
O pleno do maio estivo marcado polas críticas ao destino final da asignación ao grupo do PSOE. Porén, o realmente importante foron os acordos tomados pola corporación.
O primeiro deles a modificación das taxas polo uso do circuito termal do Pavillón -spa-.Aprobóuse a rebaixa da entrada de 5 a 2 . Neste punto o BNG abstívose ao considerar que non era apropiado mudalos prezos a estas alturas do ano.
Moción do BNG para declarar persoas non gratas aos 15 deputad@s do PP que no Congreso votaron a favor das quitas a@s estafad@s polas Preferentes.
Antes de iniciar o debate, Guillermo Collarte, concelleiro e deputado en Madrid, abandonou o saón de plenos.
Os nacionalistas tildaron ao PP de despreciábeis por ter votado na Deputación e no Concello a favor de que os afectados recuperaran o 100 % dos aforros . Porén a súa posición foi diferente na Xunta e no Estado onde votaron a favor do roubo . Serán máis de 600 millóns de euros de aforros galegos que emigrarán fóra do País.
Nesta moción, D.O dixo estar dacordo en que era unha estafa pero como a moción era un paripé político abstivéronse.
O PSOE tamén se abstivo porque din que os políticos os elixen os cidadáns cada catro anos e teñen que responder durante toda a lexislatura. Asemade, Martinez Pedrayo manifestou que Guillermo Collarte seguro que non lle quixo quitar os aforros a ninguén.
Pola súa banda, o PP votou en contra dicindo que eles fixeran máis ca ninguén polos estafados. Antes da súa exposición tildou á concelleira Ximena González de mamarrache e botarate.
Aprobóuse cos votos a favor do PP a moción nacionalista para que se favorecer a contratación pública de empersas ourensás.
Pedíase que os lotes foran máis pequenos, que se favorecera a transparencia coa obriga de publicar os pasos administrativos dos expedientes na web municipal, que se favoreza ás empresas que fomenten a contratación de parados de longa duranción, moz@s, mulleres, discapacitados e persoas en risco de exclusión social, etc.
D.O abstívose por considerar a proposta un brindis ao sol. Din que protexer as empresas locais pode desprotexer ás exportacións e as empresas punteiras en novas tecnoloxías.
O PSOE votou en contra sen saber moi ben por qué. Nun primeiro momento afirmaron que dividir en lotes máis pequenos era delicto e logo Martinez Pedrayo apuntou que non podemos gastar los cuartos con alegria para favorecer a las empresas de aquí. Tamén o alcalde manifestou que tiñamos que ter coidado cos localismos porque podiamos estar favorecendo a empresas ineficientes e prexudicar ás que poden traballar fóra.
O PP apoiou esta moción.
Moción do PSOE para que a corporación aprobara as alegacións do Concello ao Plan Sectorial da Rede Viaria de Ourense.
O BNG foi moi critico coa actitude da concelleira por ter informado aos grupos sobre as alegacións o día antes. Tamén lle reprochou que non se informara a@s veciñ@s afectad@s e que tivera que ser o BnG quen se reunira coas AAVV para dicirlles cómo ían afectar aos novos trazados as súas terras e vivendas.
Todos os grupos votaron en contra desta moción.
Moción do PP para que se encargue ao equipo redactor do Plan Estratéxico Termal un novo cronograma que actualice as accións prvistas para a década 2007-2016.
O BNG votou en contra a pesar de considerar o termalismo como un piar fundamental da economía ourensá. O plan redactado sería viabel si a Xunta aportara o que tiña que aportar.
Moción do PP para dinamizar os parques biosaudábeis.
Votaron a favor D.O e BNG porque é unha iniciativa que levamos no programa. O mal uso dos aparellos pode provocar lesións e moitas veces tamén vemos a@s nen@s utilizando uns aparatos que non son axeitados as súas condicións físicas o que pode resultar moi perigoso. A nosa proposta foi artellar medidas como a presenza de monitores deportivos ou cursiños nas AAVV .
O PSOE votou en contra porque seica xa fan programas anuais para informar sobre o correcto uso destes elementos.
Moción do BNG para declarar a Ourense cidade libre de circos con animais
A proposta do BNG estivo apoiada por 600 sinaturas rexistradas por cidadáns que reclarman a eliminación dos espectáculos con animais.
A pesares de haber unha lexislación estatal que prohibe o maltrato animal os nacinalistas queren ir máis alá para que se produza unha prohibición expresa.
Segundo DO, con esta moción o BNG só busca o voto dalgúns sectores. Aínda que están dacordo non a van apoiar porque ten tintes demagóxicos.
O BNG non acepta a emenda do PP
A moción e aprobada por PSOE e 1 de D.O
Abstencións: PP e 1 de DO
Moción de DO sobre para limitar o tempo das intervencións e para que se executen as mocións.
Non aceptan as emendas do PP nin do PSOE pero son aprobadas porque reciben máis votos a favor que en contra.
O BNG non quere que se limite o tempo nin as mocións a presentar. Que os concelleir@s axilicen as intervención.
A responsabilidade na execución das mocións é do grupo de goberno.
A moción é aprobada por PP e PSOE. En contra BNG e abstención DO
Moción de DO para a disolución da Sociedade Mixta de Turismo de Ourense SA
A Sociedade Mixta de Turismo de Ourense creouse no ano 2009, ao abeiro do plan estratéxico termal, coa intención de promover o desenvolvemento turístico da cidade e a construción de equipamentos e infraestruturas hoteleiras, de restauración e todo o que tiña que ver co sector turístico. A empresa privada era colaboradora necesaria neste proxecto polo que debía verse incluída nel en momentos nos que o turismo estaba en auxe.
O certo é que, tres anos despois, o balance non é o que se agardaba. A prestación de servizos de promoción e xestión da oferta turística del Concello de Ourense soamente se concretou en diferentes actividades ligadas, principalmente, ao ámbito de la hostalería con programas gastronómicos como "Sabores de Ourense", en presentacións en salóns profesionais de Turismo e en Congresos en viaxes de promoción da cidade. No que se refire á captación de recursos financeiros, públicos e privados, os datos que aparecen nas memorias das contas anuais indican que tampouco se acadou.
O momento actual é moi diferente daquel no que se xestou este proxecto. Neste momento, o mantemento da empresa de turismo, sen actividade nin produtividade ningunha para a cidade, soamente xera gastos e no BNG consideramos que non é tempo de gastar improdutivamente, cómpre darlle prioridade ao gasto social e á creación de emprego.
Así pois, cremos necesaria a disolución da sociedade Turismo de Ourense S. A. Antes de saír do goberno o BNG xa tiña tomada a decisión de iniciar este proceso. Isto quedou interrompido coa nova situación creada no Concello, pero este é un bo momento para retomar aquela decisión.
Votaron a favor: BNG e PP. En contra PSOE
Moción de urxencia de DO para facer públicas as contas dos grupos municipais. Foi aprobada por unanimidade.