Para o BNG é unha honra e orgullo estar do lado d@s traballador@s
As concelleiras nacionalistas Susana García e Ximena González acompañan ao Grupo Parlamentar e pasarán hoxe o día en T-Solar
A persecución xudicial que vén de realizar a empresa non vai parar nin aos traballador@s nin ao BNG. A deputada Tereixa Paz afirmou esta mañá en presenza do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego e d@s traballador@s de T-Solar que está orgullosa de ter sido xudicializda por defender unha causa tan xusta como son os 170 postos de traballo. A deputada nacionalista argumentou de novo sobre as posibilidades que ten está fabrica no mundo das enerxías renovábeis de cara ao futuro e acusou a empresa de só estar interesada en vender por pezas o material que hai hoxe nas instalacións de Ourense.
Pola súa parte Carme Adán, viceportavoz do grupo parlamentar, afirmou que hoxe T-solar é unha bandeira de dignidade pola defensa do emprego en todo o país. Destacou a defensa que desde o 2 de xullo e xeito ininterrumpido veñen realizando os e as traballadores/as a través do peche indefinido. Xunto cos compañeiros Dani Rodas, Cosme Pombo e Montse Prado expuso o compromiso de todo o BNG coa compañeira Tereixa Paz que participa do peche desde o seu inicio e que acaba de recibir a citación xudicial.
Ximena González, concelleira do BNG lembrou que 'as traballadoras levan 51 días pechadas e aínda non recibiron unha chamada do alcalde de Ourense para interesarse pola súa situación, as traballadoras recibiron numerosos apoios e ningún foi do alcalde que só fifxo algunhas declaracións de intencións cando o BNG levou este conflito laboral ao pleno.
O grupo parlamentar e o grupo municipal do BNG pasarán o dia coas traballadoras para amosar a sua solidariedade como veñen facendo dende o primeiro día do peche.
Ourense, agosto de 2013