O BNG insta ao Alcalde a que deixe de vitimizarse e asuma a súa responsabilidade

LUÍS SEARA FERNÁNDEZ
Luís Seara, Portavoz do BNG no Concello de Ourense

O Grupo municipal nacionalista entende que o Alcalde pretende eludir a súa propia responsabilidade e incapacidade para xestionar o Concello ao tempo que o acusan de “desmantelar o Departamento de Intervención co movemento constante do seu persoal e coa minoración constante dos seus recursos”

O BNG insta ao Alcalde a que deixe de vitimizarse e asuma a súa responsabilidade

Ourense, 11 de xuño de 2026. Na Xunta de Portavoces celebrada esta mañá no Concello de Ourense, as explicacións dadas polo actual Rexedor en relación ao colapso no que ao pagamento a proveedores se refire, non convenceron ao Grupo municipal do BNG. O Portavoz da Formación nacionalista Luís Seara sinala que “a única pretensión do Alcalde, unha vez máis é eludir a súa propia responsabilidade e acusar aos demais da súa incapacidade para xestionar o día a día do Concello”.

E é que para Seara, “non se pode simplificar a situación de colapso e de morosidade pretendendo culpabilizar a un departamento municipal ou a un funcionario” e engade, “ademais de amosar cobardía por parte do Alcalde, os seus argumentos son falsos”.

Desde o BNG argumentan que dito departamento, “ven sufrindo un continuo desmantelamento co traslado constante do seu persoal e a minoración deste, o que dificulta o seu normal funcionamento, algo que desde o Órgano fiscalizador se ven denunciando desde hai anos en diferentes oficios e infomes”.

A maior abastanza, segundo os nacionalistas, “non podemos tampouco obviar como o Goberno de DO vulnera continuamento os procedementos administrativos e de contratación, feito que provoca que as facturas teñan que ser corrixidas, reparadas ou directamente anuladas ao non axustarse ao legalmente establecido, algo que evidentemente retrasa a súa tramitación, engadindo unha carga extra de traballo para o persoal encargado”.

Luís Seara esíxelle ao Alcalde que “deixe de victimizarse e asuma a súa responsabilidade. Se tan preocupado está porque os proveedores do Concello non cobran en tempo e forma, que incremente o persoal do Departamento de Intervención, ao igual que fixo noutros que sí son do seu interese, para que se poida axilizar a tramitación, tendo en conta ademais que pola Intervención Xeral ten que pasar prácticamente toda a actividade municipal”.

Finalmente, desde a Formación nacionalista recrimínanlle a Jácome que asuma a defensa dos intereses dos proveedores mesmo instándoos a acudir á xustiza, coas consecuencias negativas que iso pode implicar para as arcas municipais no que a pagamento de xuros e costas se refire “en vez de defender os intereses da institución e porén da veciñanza no seu conxunto, adoptando todas as medidas e todos os medios necesarios para axilizar a xestión e a tramitación dos asuntos”.


 

O BNG insta ao Alcalde a que deixe de vitimizarse e asuma a súa responsabilidade