O BNG lamenta a imposibilidade de facer achegas á modificación de crédito de 45 millóns que irá a pleno este venres
Na formación nacionalista cuestionan que non se acometan obras de saneamento e abastecemento naquelas parroquias que aínda carecen del, que a gasto social se adique apenas un 3% do total, o 1% a termalismo e o 0% á zona histórica
Ourense, 30 de maio de 2022. trala xuntanza mantida esta mañá polos diferentes Grupos Municipais do Concello de Ourense con técnicos municipais para coñecer polo miúdo o desglose da modificación de crédito plantexada polo bigoberno PP-DO e cuia intención é levar a pleno este mesmo venres, o portavoz do BNG Luis Seara valorou a mesma como "depeccionante, xa que o que fixeron foi dicirnos o que xa sabíamos por escrito" e engade, "agardemos que nas vindeiras horas teñamos os expedientes para coñecer os detalles das partidas".
Segundo Luis Seara, "esta situación e proceder revela o xeito de gobernar e de concivir a política do actual goberno PP-DO, seguimos agardando polo proxecto de orzamentos que nos ían facer chegar fai meses". Seara afirmou que durante a xuntanza plantexoulle ao goberno a posibilidade de que os Grupos puideran facer as súas achegas ao expediente sendo a resposta recibida a de "non, o expediente está pechado, ou o tomas ou o deixas".
Na primeira lectura do documento, o BNG detecta, tal e como comentou Luis Seara na súa comparecencia posterior que "cando ti fas unha modificación de crédito amosas cal é a túa aposta política e neste documento vemos como apenas un 3% do total vai adicado a Servizos Sociais pese a estar nunha profunda crise social e económica, un 0% para a zona histórica cando está nun estado de abandono e deterioro brutal ou un 1% para termalismo e comercio local , un dos motores económicos e de desenvolvemento socioeconómico".
Outra das eivas atopadas polo BNG no expediente é a ausencia de financiamento para obras de servizos básicos de saneamento e abastecemento en parroquias do rural que a día de hoxe carecen del como é o caso de Untes ou mesmo Sta Cruz de Arrabaldo. Un expediente no que ademais se exclúen obras e partidas do antigo plan que seguen a quedar "no tinteiro".
Seara comcluiu afirmando que avaliarán polo miúdo cada unha das partidas cando se lles facilite o desglose das mesmas pero que de entrada "estamos depeccionados porque agardabamos poder aportar e contribuir a mellorar o expediente con cuestións que xa foron obxecto de debate político e que non se comtemplan, non nos deixan e é unha mágoa".
Aprobación da urxencia.
Preguntado polos xornalistas sobre se o BNG aprobará a urxencia para que o expediente poida ser tratado no pleno do venres, Luis Seara afirmou que "nós ímos votar a favor da urxencia, non temos ningún problema en que esto se debata pois non fuximos do mesmo", e engadiu, "iremos ao pleno e diremos o que temos que dicir con responsabilidade e coherencia en base aos nosos argumentos".
Sentenza modificación de crédito dos 62 millóns de euros.
En relación á recente sentenza do Xulgado do Contencioso - Administrativo número 2 de Ourense na que se recoñece o mal proceder á hora de tramitar dita modificación pois, tal e como defendeu o BNG, obviouse o trámite de exposición pública e o periodo de alegacións, Luis Seara afirma que "corresponderalle ao PSdeG-PSOE decidir se solicitan que cautelarmente se paralice aexecución do mesmo, nós presentamos no seu día un recurso por vía administrativa ao que aínda non responderon pero que contiña os mesmos argumentos esgrimidos agora polo xuiz no seu fallo".
"A sentenza revela que estamos diente dun goberno de trileiros que se salta a lei e as normas e que furta dereitos tanto á oposición como ao conxunto da veciñanza".