O BNG de Ourense fai un chamamento para participar na manifestación convocada por Queremos Galego
A Plataforma Queremos Galego Ourense pediu hoxe a derrogación do "decreto do plurilingüísmo" aoconsiderar que asenta sobre piares ilegais, tal e como determinaron varias sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.
Queremos Galego exixe que se promulgue unha nova normativa que se basee no acordado por unanimidade parlamentar no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega que entre, entre outros aspectos, garanta a educación en galego na etapa infantil, que garanta que o alumnado reciba un mínimo do 50% da súa docencia en galego nas etapas de primaria, ESO, bacharelato e ciclos formativos e que se desenvolva un plan de formación para que todo o persoal dos centros educativos na Galiza teña unha competencia oral e escrita suficiente para comunicarse en galego.
Na rolda de imprensa participou o portavoz do Bloque no Concello de Ourense, Xosé Somoza, quen animou aos veciños e veciñas da cidade a participar na manifestación convocada para o domingo 27 en Santiago de Compostela