O BNG pide que se concrete con qué orzamento se vai financiar o OUFF
O grupo municipal do BNG require que a concelleira de cultura concrete con qué recursos se vai financiar o Festival de Cine de Ourense.
A pasada semana Ana Garrido manifestaba, nunha xunta de área, que a partida destinada nos orzamentos do 2013 ao OUFF íase adicar a liquidar o Consorcio do Festival e que o certame deste ano se financiaría con recursos propios da concellaría. Os nacionalistas esixen saber de qué se vai prescindir na actividade cultural da cidade para poder sufragar o festival, e mais tendo en conta que as partidas desta área sufriron un recorte do 16%.
A respecto das declaracións de Ana Garrido dicindo que o BNG tiña que pedir perdón pola xestión do OUFF, a concelleira Susana García lémbralle que a propia Ana Garrido formaba parte do consello reitor do Consorcio e nunca se pronuncio en contra das decisión adoptadas neste órgano.
Por outra banda, dicirlle a señora Garrido que as xuntas de área nunca foron secretas. A súa finalidade é que os grupos coñezan de primeira man a información das diferentes concellarías para poder transmitírllelas aos cidadáns. Lembramos que a anterior responsábel de Cultura, Isabel Pérez, publicaba as actas na páxina web do Concello algo que se deixou de facer cando mudaron as responsabilidades de goberno.