O BNG pide que presentes as bases para as subvencións competitivas de benestar
O seu retraso impide que os colectivos poidan facer as previsións de gasto e polo tanto a planificación de actividades
O grupo municipal pide que o goberno de Ourense presente no mes de febreiro unha proposta de bases para as subvencións de concorrencia competitiva ás que poidan optar as entidades de carácter social.
Esta iniciativa do BNG fora aprobada por unanimidade dos grupos políticos no mes de setembro do 2013 co obxectivo de que as subvencións municipais foran condedidas da maneira máis xusta posíbel, tendo en conta o traballo realizado e as persoas beneficiarias.
A concelleira Ximena González advirte que de non ter as bases aprobadas no mes de marzo as axudas chegarán tarde dificultando a labor das entidades e a súa previsión sobre os recursos financieiros, humans e materiais cos que poder contar para desenvolver as súas actividades.