As axudas de emerxencia social deben axilizarse para non provocar danos irreparábeis

As axudas de emerxencia social deben axilizarse para non provocar danos irreparábeis

O grupo municipal levará ao pleno de febreiro unha moción na que solicita que se modifique a Ordenanza reguladora de Axudas Económicas Municipais para que se simplifique a súa xestión e así poder estabelecer anticipos de pagos para as axudas de emerxencia social.

Nestes momentos, as achegas de emerxencia que presta o Concello de Ourense van dirixidas a gastos de alimentación básica, compra de medicamentos, lentes e axudas para o pago do aluguer. Dende o momento que se solicita, os servizos sociais tardan entre dous e tres meses en xestionalas o que provoca situacións de risco porque as persoas que piden eses cartos precísanos urxentemente. Este foi o caso que recentemente viveu unha nai con dous fillos que, tras ser desafiuzada, tivo que ser acollida por unha persoa da Plataforma de Desafiuzamentos de Ourense porque dende o concello non foron quen de atallar a súa situación de emerxencia dun xeito inmediato.

fotoroldaprensa

A concelleira Ximena González apunta que a ordenanza que regula estas axudas vai dirixida a atender necesidades sociais para previr situacións de exclusión e favorecer a integracón social das persoas que carezan de recursos económicos para atender as súas necesidades básicas. Si a recepción das axudas se demora tres meses, devalúase o esprito da propia ordenanza ademais de causar, as veces, prexuizos irreparábeis.

As axudas de emerxencia social deben axilizarse para non provocar danos irreparábeis