O BNG pide á Xunta depurar responsabilidades polo “sobrecuste” na compra de terreos para un edificio administrativo en Ourense e trasladar o expediente á Fiscalía si o proceso foi irregular

Foto_Iago_Tabares_24_11_2023
Iago Tabarés

 

Iago Tabarés afirma que a Xunta pagou un 40% máis sobre o prezo das parcelas e critica a falta dun informe de valoración das parcelas previo ao acordo cos propietarios

O BNG pide á Xunta depurar responsabilidades polo “sobrecuste” na compra de terreos para un edificio administrativo en Ourense e trasladar o expediente á Fiscalía si o proceso foi irregular

Ourense, 24 de novembro, 2022. O portavoz de Administración Xeral, Xustiza e Interior do BNG, Iago Tabarés , a través dunha pregunta parlamentaria ao goberno, reclamou á Xunta “depurar responsabilidades” polo “sobrecuste” na adquisición dos terreos para a construción dun edificio administrativo en Ourense e de confirmar as irregularidades, “trasladar o expediente á Fiscalía.

O parlamentario afirmou que non existiu un informe de valoración previo para determinar o custe das parcelas ao que sumou defectos no proceso “máis graves” por establecer un prezo de vivenda libre á marxe do regulamento 1492/2022 que exixe 6 mostras de transaccións representativas. Vostedes, dixo o nacionalista, “non presentaron ningunha” nin para vivenda nin para baixo comercial.

O deputado explicou que na valoración, foron fixados uns custes de construción de 632 €/m, cando en Ourense a inicio de 2021 a previsión era de 700 €/m2, e debido á crise de materiais que conleva un incremento extraordinario, esta previsión se sabía “obsoleta como se puido constatar coa revisión dun gran número de contratos para resolver esta diferencia.

Como resultado, afirmou Iago Tabareś a Xunta pagou un “extraordinario sobreprezo con recursos públicos”. Segundo consta no proxecto de compensación, explicou Tabarés, as parcelas adquiridas pola Xunta alcanzarían, un 40% máis e resulta moi ilustrativo que boa parte da parcela 6ª fora adquirida en 2015 e 2019 por 365.000 € e dous anos máis tarde, en plena crise económica, vendida á Xunta por un 54% máis. O altruísmo da Xunta, ironizou, o nacionalista posibilitou un “gran negocio” para o titular do resto da parcela que mercou unha parte nos anos 2015-2016 e que cinco anos despois vendeulla á Xunta de Galiza “por un 65% máis”.

O deputado cualificou de “nefasta” a xestión da Xunta e con graves prexuízos para os intereses públicos polo que volveu a pedir a “depuración de responsabilidades ante tan irregular procedemento e si o resultado o require, trasladar o expediente ao Ministerio Fiscal”.

Tras a resposta do Secretario Xeral Técnico de Facenda e Administración Pública, Jorge Atán Castro, o deputado aseguro que da mesma podemos deducir, que “non existía proxecto nin anteproxecto da superficie necesaria para a construción do edificio pero tampouco unha valoración sobre o m2 con carácter previo ao acordo cos propietarios”.

O deputado lamentou que Atań Castro eludira responder ás cuestións formuladas polo BNG e que persista en ocultar “os contratos, a súa duración, contía e titulares dos mesmos”. De todos xeito, engadiu, xa solicitamos de novo esta información e agardamos que lle dean curso.

Sobre os prezos abonados polos terreos, explicou Tabarés, contamos cunha copia dun informe asinado polo propio Secretario Xeral, Jorge Atán, o 22 de decembro de 2021que indica unha primeira negociación na que os propietarios ofertaron un prezo inferior , circunstancia que demostra que existe un acordo cos propietarios pero sen un informe previo de valoración das fincas elaborado pola Xunta de Galiza.

O día 22 hai un informe da Xunta de valoración pero antes fora pechado un acordo cos propietarios” polo que o nacionalista volveu a preguntar en base a que informe de valoración do m2 foi pechado ese acordo cos donos dos terreos. Os informes deben estar elaborados antes do día 22 ou ben “non existen”.

A Xunta, remarcou o deputado do BNG, non “xustifica o prezo do m2 construído e fixa unha cifra para esta construción en función dos prezos do 2021 cando no ano 2022 os materiais incrementaron o seu valor”. A súa explicación, “é unha chapuza” e o que podemos afirmar é que pagaron 2 millóns de euros de recursos públicos “de máis”, concluíu.

O BNG pide á Xunta depurar responsabilidades polo “sobrecuste” na compra de terreos para un edificio administrativo en Ourense e trasladar o expediente á Fiscalía si o proceso foi irregular