O BNG demanda a redución do canon de SOGAMA para aos concellos que apliquen métodos de compostaxe

Bernardo Varela voceiro do grupo provincial do BNG na deputacion de ourense
Bernardo Varela voceiro do grupo provincial do BNG na deputacion de ourense

Bernardo Varela sinala que en ningún punto da Lei se esixe que o sistema de separación de biorresiduos sexa por contedor marrón, sendo este modelo o máis alonxado da lóxica execución en moitos dos nosos concellos cos seus inumerábeis pobos. 

O BNG demanda a redución do canon de SOGAMA para aos concellos que apliquen métodos de compostaxe

O voceiro do grupo provincial do BNG de Ourense, Bernardo Varela, esixe que o pleno da deputación de Ourense demande da Xunta de Galiza que aplique o 15% de redución do canon de SOGAMA a todos aqueles concellos galegos que apliquen calquera sistema de separación e compostaxe da fracción FORSU, dos recollidos na Lei 7/2022, de residuos e chans contaminados para unha economía circular. E que ó tempo teñan o compromiso dunha cobertura de separación de biorresiduos de cando menos un 20% da súa poboación total no ano 2023.

 

O voceiro nacionalista na Deputación de Ourense cuestiona ao presidente da Xunta de Galiza tras o anuncio do  SR. Rueda, da intención de bonificar para o ano 2023, nun 15% o recibo de SOGAMA para “todos aqueles Concellos que implanten o contedor marrón antes de que finalice 2023”, aclarando a posteriori que esta premisa só sería imprescindible nos Concellos de máis de 2000 habitantes.

 

O artigo 25.2 da Lei 7/2022 de 8 de abril de 2022, prevee a separación obrigatoria dos FORSU (fracción orgánica dos residuos sólidos urbanos) para os concellos con máis de 5000 habitantes a 30 de Xuño de 2022 e na totalidade dos mesmos a 31 de Decembro de 2023. E para acadar este obxectivo propón tres modelos e/ou a posible combinación dos mesmos, a saber: compostaxe doméstica (autocompostaxe), compostaxe comunitaria e contedor marrón (tamén coñecido como 5º contedor).

 

 “En ningún punto da Lei se esixe que o sistema de separación de biorresiduos sexa por contedor marrón, sendo este modelo o máis alonxado da lóxica execución en moitos dos nosos concellos cos seus inumerábeis pobos.”

 

 Ninguén que teña un mínimo coñecemento de xestión de residuos, pode pretenderen que outro camión máis pasee os infinitos Km precisos para facela recollida dos nosos pobos, nin se plantexaría que é sanitariamente posible deixar sin recoller un contedor de materia orgánica dunha semana para outra aos 40º dun mes de agosto ourensán. E xa non digamos o impacto medioambiental e económico que este sistema plantexa, cando o máis sinxelo sería a compostaxe doméstica, e se non fora posíbel a comunitaria.

 

A Xunta chega tarde ao modelo de separación proposto na nova Lei, e primeiro lugar porque de pouco tería servido implementar contdores marróns se logo non hai onde levar os biorresiduos. E seguidamente resulta claro que os prazos establecios non son realistas para o noso territorio, nin que o modelo que quere impor a Xunta é o máis acaido para a nosa relidade, como deixou claro o Director da Área de Medio Ambiente da Deputación Provincial de Ourense, “comprar contenedores para a FORSU, encher a nosa paisaxe rural de contenedores (engadindo a cor marrón), aumentar as rutas de recollida, e transportar o produto recollido para as instalacións que se constrúan (unha en Verín ademais da existente en Leiro) é relativamente sinxelo, pero económica e ambientalmente insostible”, ao tempo que bota en falta a Agrocompostaxe como psoble solución para ao fin acadar o tratamento da fracción orgánica, “como xa ten proposto o BNG” indica Varela.

 

Para rematar, o voceiro do grupo provincial do BNG sinala que a nova lei establece un prazo de tres anos para elaborar oredenanzas  fiscais non deficitarias, cando a  práctica totalidade do concellos teñen taxas de xestión de Residuos Sólidos Urbanos deficitarios e aínda así  a Xunta di que será obrigatorio trasladar á veciñanza a rebaixa do 15% do canon, ao que os concellos deben surmar a necesidade de empregar contedores de acceso limitado e compañas de sensibilización que por lóxica suporá un importante incremento de custes. 

O BNG demanda a redución do canon de SOGAMA para aos concellos que apliquen métodos de compostaxe