O BNG propón máis participación das veciñas nos plenos e melloras para os debates

O BNG propón máis participación das veciñas nos plenos e melloras para os debates

Na xuntanza mantida hoxe para modificar o Regulamento Orgánico de Organización do Pleno e da Comisión de Suxestións e Reclamacións o BNG fixo unha serie de propostas encamiñadas, algunhas delas, a dar maior participación as veciñas e veciños, de xeito que as-os representantes veciñais de 2º nível -federacións ou agrupacións- poidan ter voz na citada comisión así como regular a intervención da cidadanía durante o debate das mocións que lles afecten de forma directa.

Por outra banda, e para que os grupos poidan desenvolver o seu traballo dun xeito máis rigoroso e áxil, tamén planteamos estabelecer como límite temporal para dar respostas ás preguntas realizadas en pleno a seguinte Comisión de Pleno que se convoque e non na sesión do pleno como está acontecendo agora.

enbloqueporourenseEn canto ás intervencións dos grupos políticos no debate das mocións, o BNG quer que se reformulen as quendas de modo que peche as intervencións o grupo que presenta a proposta. Porén, esto non implica máis tempo xa que se restarían algúns minutos das quendas anteriores. Para as-os nacionalistas non é intolerábel que o rexedor peche todos os debates cun tempo ilimitando e abusando da súa condición.

Apuntaba a concelleira Susana García que, para evitar sorpresas como o acontecido no último pleno cando se pediu gardar un minuto de silenzo polos atentados de París, o normal sería regular as declaracións institucionais que se queiran realizar, informando delas na Comisión de Pleno ou na Xunta de Voceiras-os.

Hoxe estaba previsto que fora a última reunión para debater sobre esta modificación, porén non se acordou debido a ausencia do concelleiro Vázquez Barquero.

PROPOSTAS:

Capítulo IV. Xunta de voceiros

O grupo municipal do BNG propón que as declaracións institucionais teñan que ser consultadas nunha Xunta de Voceiros previas á súa presentación en Pleno.

Artigo 52. A Comisión de Suxestións e Reclamacións.

O grupo municipal do BNG propón incluír entre as integrantes da Comisión de Suxestións e Reclamacións a representantes veciñais de segundo nivel (federacións e agrupacións) como membras permanentes do organismo para que a cidadanía participe na labor de “defender os dereitos dos veciños nas súas relacións coa administración municipal, supervisar a actuación desta, propoñendo accións de mellora e ditaminar as queixas que de conformidade co disposto neste regulamento os veciños dirixan.” tal e como se recolle no art. 53 do regulamento.

Artigo 66. Debates en pleno.

O grupo municipal do BNG propón regular os tempos actuais de intervención para incluír unha terceira quenda de peche na que interveña só o grupo propoñente da moción e/ou asunto a debate que será o peche do debate antes da votación.

O grupo municipal do BNG propón ademáis que en todos aqueles asuntos e/ou mocións nos que haxa un colectivo cidadán directamente implicado este pode realizar unha intervención no momento do debate nunha das quendas.

Sección Cuarta.? Preguntas, rogos e comparecencias.

O grupo municipal do BNG propón establecer como límite para a remisión aos grupos políticos das respostas ás preguntas realizadas en pleno a seguinte convocatoria de comisión de pleno.

E tamén:

- A plublicación na páxina web do Concello de Ourense dos decretos da Alcaldía para o coñecemento das veciñas e veciños de Ourense, coas correspondentes prevencións que se deriven da aplicación da Lei de Protección de Datos de carácter persoal.

- Que se facilite aos grupos políticos os decretos da Alcaldía en formato dixital, preferibelmente nun formato que permita aos grupos traballar cos datos que constan nos documentos (ex: calquera formato de arquivo de texto)

Ourense, 13 de xaneiro de 2015

O BNG propón máis participación das veciñas nos plenos e melloras para os debates