O BNG propón unha modificación da ordenanza para facilitar o acceso dos residentes á zona histórica

O BNG propón unha modificación da ordenanza para facilitar o acceso dos residentes á zona histórica

O Grupo Municipal do BNG fixo hoxe pública a proposta de modificación da ordenanza municipal de tráfico e circulación que levará ao próximo pleno como moción. A modificación propón que os residentes e comerciantes da zona histórica de Ourense poidan acceder as súas vivendas e negocios unha tarxeta magnética, independentemente de se teñen ou non garaxe.

O portavoz nacionalista, Xosé Somoza, tamén explicou que o cambio principal que se pretende realizar na ordenanza é o de dotar de dereitos ás persoas e non aos vehículos, por cuanto a modificación contemplaría o acceso pero non o estacionamento por un tempo superior ao que se considere oportuno para realizar as accións que xeran ese desprazamento. Esta prohibición de estacionamento so tería como excepcións aos vehículos de emerxencia e aos adicados a carga e descarga, dentro de todo o espazo de circulación restrinxida, o que polo tanto afectaría ao estacionamento dos concelleiros e concelleiras que hoxe en día teñen permiso para deixar os seus vehículos por tempo indefinido dentro deste espazo.

Na moción do BNG tamén se pide que se desenvolva a posibilidade que establece estacionamento exclusivo para os residentes de rúas peonís. Deste xeito, reservaríanse prazas de aparcamento para os residentes de toda a Zona Histórica, tratada como un único conxunto, en espazos colindantes, como por a ordenanza de aparcamento (ORA) de habilitar exemplo nas rúas Arturo Péres Serantes ou Xerónimo Feixóo. Estas zonas permitirían aparcar os vehículos nas actuais zonas da O.R.A. cunha tarifa máis reducida.

Pola súa banda, a presidenta da AVV da zona histórica, María Justa Gutiérrez, expresou o apoio dos veciños e veciñas da zona a esta moción do BNG e resaltou a participación dos mesmos na reunión convocada polo Grupo Municipal do BNG, na que a través das súas intervencións foise perfilando esta moción. Unha modificación da ordenanza, subliña María Justa, que de ser aprobada solventaría moitos problemas que nestes momentos teñen os residentes para acceder ás súas vivendas e para atopar aparcamento.

O BNG pretende con esta proposta mellorar a calidade de vida das persoas que viven na zona histórica escoitando as súas suxestións, e levándoas á aprobación no órgano competente, neste caso o Pleno do Concello de Ourense.

[ Texto íntegro da MOCIÓN SOBRE ACCESO E ESTACIONAMENTO PARA OS RESIDENTES NA ZONA HISTÓRICA DE OURENSE ]

O BNG propón unha modificación da ordenanza para facilitar o acceso dos residentes á zona histórica