O BNG reclama máis apoio do goberno local @s traballador@s de T-Solar

O BNG reclama máis apoio do goberno local @s traballador@s de T-Solar

A concelleira nacionalista Ximena González durmiu este domingo na fábrica de T-Solar en apoio das traballadoras que manteñen o peche e hoxe será a Deputada no Parlamento Galega Tereixa Paz quen pase a noite na fábrica.

Máis de vinte días despóis do inicio do peche en T-Solar @s traballador@s manteñen a loita polos 170 postos de traballo directos que se perden co peche da empresa e o seu desmantelamento.

O BNG, que acompaña ás traballadoras de T-Solar no seu peche dende o primeiro día levou unha moción ao pleno de xuño na que o Concello se comprometía a apoiar @s traballador@s, e que, como moitas outras propostas feitas antes e aprobadas no pleno, fican en mans do goberno en pouco máis que declaracións de intencións.

Cando numerosos grupos e organizacións teñen amosado o seu apoio ás traballadoras a través da súa visita á fábrica o alcalde da cidade non tivo ningún contacto con elas, nen directa nen indirectamente fóra da cómoda posición mantida no pleno municipal, en palabras de Ximena González "o alcalde ten tempo para inaugurar un curso de verán pero non para visitar a traballadoras que loitan polos seus postos de traballo, outra mostra das políticas de escaparate deste goberno"

As nacionalistas reclaman do Concello máis implicación e un apoio real ás traballadoras que seguen pechadas e que manteñen a súa intención de impedir que desmantelen as instalacións da fábrica, única posibilidade de evitar a perda definitiva da actividade. Á espera de que se valoren as ofertas que se puxeron enriba da mesa seguen a reclamar que a Xunta garanta que se conserven os seus postos de traballo.

A concelleira nacionalista, que se achegou ao peche na tarde do domingo permanecerá alí ata esta tarde cando a deputada no parlamento galego, Tereixa Paz, quen se achegue ao peche e fique na fábrica coas traballadoras como xa ten realizado en varias ocasións

dende o inicio do peche.

Ourense, xullo 2013

O BNG reclama máis apoio do goberno local @s traballador@s de T-Solar