Luís Seara: “Jácome, o Alcalde acosador: tres sentenzas, milleiros de euros en indemnizacións e un clima laboral insostible no Concello de Ourense”

O Grupo municipal do BNG destaca que desde que Jácome é Alcalde, “disparouse a conflitividade laboral e as baixas do persoal”. Lembran que “esta xa é a terceira sentenza por acoso e cuxas consecuencias económicas ímos ter que afrontar todas as veciñas e veciños”
Ourense, 19 de marzo de 2025. Coñecida unha nova sentenza por acoso en contra do Concello de Ourense e máis concretamente do Alcalde Gonzalo Pérez Jácome, desta volta por acosar á quen ostentaba as competencia da xefatura do negociado de Comercio, desde o Grupo municipal do BNG sinalan que “estamos diante dunha sentenza contundente e que revela, ao igual que fixeron as anteriores, cal é o proceder e o comportamento de quen exerce a máxima autoridade do Concello”.
Para o Portavoz dos nacionalista Luís Seara “Jácome aproveitase da súa posición de poder á fronte do Concello para, cual abusón de patio de colexio, menoscabar, insultar e acosar ás e os traballadores municipais que non son funcionais aos seus intereses”.
No BNG lembran que esta non é a primeira sentenza por acoso á que ten que facer fronte o Concello de Ourense pois “xa temos enriba da mesa ás sentenzas á Intendente-xefa da Policía Local e a do Interventor municipal, sentenzas que ao igual que esta, levan aparelladas cuantiosas cantidades económicas en concepto de indemnización e que ímos que ter que pagar entre todas e todos”.
A formación nacionalista insiste na súa idea de que “sexa o propio Jácome quen pague, do seu propio peto, as cantidades fixadas polos tribunais xa non é de recibo que teña que ser a veciñanza no seu conxunto e a través das arcas municipais as que teñan que sufragar os seus excesos”.
E é que para Luís Seara, “esta sentenza ao igual que as anteriores revelan o clima de traballo instalado no Concello desde a chegada de Jácome á Alcaldía. Seis anos nos que se disparou a conflitividade labora e as baixas”, e engade, “tampouco podemos esquecer os continuos deprezos públicos aos que somete ás e aos traballadores municipais, deixándoos nunha posición de vulnerabilidade diante da veciñanza”.
Por último, Luís Seara mira de esguello ao PP para lembrarlle que “foron eles os que auparon a Jácome á alcaldía en 2019 e en 2023. son eles os que continuamente lle dan osíxeno para que poida seguir gobernando e son eles os que pola mañá maniféstanse ao carón das e dos traballadores dándolles ánimos e palmadiñas nas costas e polas tardes negocian o xeito de voltar a entrar no Goberno Local”.