O BNG na Teixeira durante a covid-19

O BNG ofrece propostas contra a covid-19 no Concello da Teixeira e achega propostas contra a avispilla

O BNG na Teixeira durante a covid-19

no relativo a concreción do estado de alarma decretado polo Goberno do Estado, que vén de ampliarse ata o vindeiro 11 de abril, no tocante as actuacións que debe levar a cabo o noso concello, comparecen e no xeito que en mellor dereito procede: 

SOLICITAN: 

I. Que se continúe, mentres se manteña o estado de alarma, co baldeo das calzadas 

de titularidade municipal, das beirarrúas e a desinfección e fumigación do mobiliario urbano ( contentores do lixo, billas de fontes públicas, barandillas, portas etc.) , sendo mais exhaustivos estos traballos nas inmediacións do Centro de Saúde, Centro Social – tanatorio, tendas de alimentación e farmacias. Para a realización dos mesmos deberase traballar coordinados o persoal do concello con outros implicados como voluntarios de P. Civil, Grupo Emerxencia Supramunicipal GES C. Caldelas, desprazados da Xunta de Galicia etc. 

II. Que se establezan os mecanismos de comunicación pertinentes cos traballadores/as de servizos do concello, como por exemplo as Traballadoras de Axuda no Fogar e con representantes de concellos veciños, para coñecer no día a día as distintas problemáticas que poidan ter. 

III. 

A. Desde a concellaría de S. Sociais deberase atender ás necesidades das familias máis desfavorecidas, coas pertinentes entregas a domicilio se for preciso. Neste sentido deberá incrementarse a partida orzamentaria relativa a este apartado, co conseguinte incremento dos repartos de alimentos, que é vital para as familias máis vulnerábeis.

B. Neste sentido, reforzar as Axudas de Emerxencia Social para evitarmos situacións de exclusión. Polo tanto deberá incrementarse no necesario, a partida orzamentaria adicada para estes fins. Así mesmo deben axilizarse e flexibilizarse os trámites burocráticos para que a xente que o precisa poida ter a súa disposición estas axudas no menor tempo posíbel.

C. Posta en marcha, desde a Concellaría de Servizos Sociais, dun Programa de Acompañamento Telefónico ás persoas da terceira idade e a aquelas que se consideren mais vulnerábeis.

D. Establecer un protocolo de entrega das compras a domicilio para posibeis doentes positivos por coronavirus ou persoas con dificultades para facelas ou especialmente vulnerables ó contaxio (maiores, persoas con patoloxías previas, imposibilidade para desprazarse etc). 

III. A concreción dun Plan de aprazamento, fraccionamento ou condonación (ata onde a lexislación permita) dos impostos, recibos e taxas en función das situacións concretas de cada persoa ou empresa. Seguindo estos mesmos criterios para o aprazamento da taxa de recollida de lixo comercial ás actividades pechadas, así como de todos aqueles impostos municipais pendentes de pasar o cobro. Para o que procede levar a cabo as xestións pertinentes no Servizo Provincial de Recadación da Deputación Provincial de Ourense. 

IV. Que desde o concello se oferte, mediante bandos informativos, a posibilidade da elaboración de solicitudes de axudas económicas directas a persoas afectadas e necesitadas. 

V. Dotar dos oportunos EPI’S a todo o persoal municipal que desenvolvan labores en contacto co público (Servizo de Axuda no Fogar, administración, mantemento e centro de saúde). 

VI. Concretar na web municipal un apartado denominado “CORONAVIRUS” no que se informe de todas as novas, medidas e recomendacións relativas a esta pandemia e actualizar os bandos con información constante en función da evolución da situación. 

VII. Que se ofrezan e axilicen as distintas subvencións municipais relativas á cultura, educación, AVVs, para que os distintos colectivos poidan acollerse a elas o máis axiña posíbel. B. Que se manteñan e axilicen todos os convenios asinados no ámbito municipal. 

VIII. Que se edite un segundo bando explicando que a situación de estado de alarma se prolongará até o vindeiro 26 abril, lembrando que non están permitidas as viaxes a segundas residencias vacacionais e que se tomarán medidas. Informar sobre o estado da enfermidade de na Comarca e apelar á conciencia, á responsabilidade e o respeto ós/as nosos/as maiores. 

 

Unha vez visto o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se inicia a loita biolóxica contra a avespiña do castiñeiro, no tocante as actuacións que debe levar a cabo o noso concello. Desde o BNG achegamos ao goberno do Concello da Teixeira unha serie de medidas:

I. Que se contacte de inmediato coa Consellería para poñer en coñecemento que A Teixeira ten unha superficie de souto ampla e seriamente afectada en varios puntos e se solicite a posta en marcha dos mecanismos axeitados para o seu correcto tratamento . Falamos de patrimonio medioambiental milenario, de paisaxe, biodiversidade e dun substento e xeito de vida para moitas familias. 

II. Que desde a Área de fomento e desenvolvemento agrícola e gandeiro do Concello da Teixeira, ó cargo do concelleiro Don Isidro Álvarez Rodríguez se tomen medidas áxiles para determinar cales son as zonas máis afectadas e cal é o momento óptimo para a solta do parásito, realizando mostreos e vixiando o ritmo da brotación; xa que o Torymus só será efectivo cando a bugalla da avespiña esté aínda tenra. Reclamamos un estudo serio sobre a incidencia da plaga no noso concello. 

III. Que se informe á veciñanza sobre a plaga da avespiña do castiñeiro e os mellores xeitos de actuar ante ela e se chame á colaboración veciñal, procedendo á apertura dunha lista para que propietarios/as e persoas voluntarias comuniquen o emprazamento de soutos afectados na Teixeira. 

IV. Que se vixíe o momento da solta dos parásitos e se faga extensamente e con garantías para todo o concello. O ano pasado a solta na Teixeira foi moi superficial; varias testemuñas afirmaron que se practicou unicamente desde as estradas, sen acceder ás zonas máis afectadas, mitigando pouco a enfermidade. 

O BNG na Teixeira durante a covid-19