O BNG volta denunciar os atrasos na execución da estrada de San Agostiño
Bernardo Varela e Secundino Fernández puxeron en evidencia que non se podrá rematar en outubro a estrada de San Agostiño, como afirmou o presidente da Deputación Provincial de Ourense.
O voceiro do grupo provincial do BNG, Bernardo Varela, e Secundino Fernández, voceiro do BNG de Viana do Bolo, voltaron denunciar o atraso nas obras da estrada de San Agostiño en Viana do Bolo.
O voceiro do BNG na Deputación de Ourense acudiu por terceira vez á Viana do Bolo para constatar que a estrada de San Agostiño continúa nas mesmas deplorables condicións que fai dous anos, cando o PP e tránsfugas do PSOE, arrebataron o goberno municipal ao BNG que dixara esta obra xa organizada.
Varela sinalou que o presidente provincial reiterou aínda no pleno do mes de setembro que esta obra estaría rematada no mes de outubro. “A poucos días de rematar este mes é evidente que que eses prazos non se poderán cumprir, polo que demandaremos unha vez máis na Deputación que se remate unha obra; que non debe pasar un inverno máis nestas condicións”
Secundino Fernández, o voceiro do BNG en Viana, lembrou que esta obra está sen facer a pesar de que todos os trámites para a súa execución quedaron organizados fai xa dous anos, antes de que lle fose arrebatada a alcaldía nunha moción de censura apoiada por tránsfugas.
O presidente provincial respostando a unha pregunta feita polo BNG afirmou que que esta obra estaría rematada en outubro e a escasos días de rematar o mes de outubro faise evidente que non podrán cumprir dito prazo lembrou o voceiro nacionalista de Viana.
Esta é unha da principais vías de Viana, que comunica moitas parroquias e a mina de Penouta e estando só executada unha pequenísima parte da estrada é evidente que isto conlevará un novo retraso e tendo en contra que se achega o mal tempo a veciñanza vai ter que continuar transitando por unha vía en mal estado.
“Desde o BNG de Viana vémonos na obriga denunciar unha vez máis a ineptitude deste goberno municipal e da Deputación porque están facendo sufrir a veciñanza por unha obra que fai dous anos que quedou lista para a súa execución” sinalou Secundino Fernández.