O BNG presenta dez propostas coas sacar da parálise a provincia de Ourense na que a ten sumida o PP

Bernardo Varela
Bernardo Varela

Bernardo Varela “entendemos desde o nacionalismo que existe esperanza, que temos futuro, pero para elo é preciso un cambio de rumbo e creer no País.”   

O BNG presenta dez propostas coas sacar da parálise a provincia de Ourense na que a ten sumida o PP

O grupo provincial do BNG, presenta unha serie de propostas para o debate do "Estado da Provincia" do próximo 8 de novembro. A análise está feita e todos os indicadores amosan claramente de dende fai décadas que se trata dunha provincia que devece, indica o voceiro do grupo provincial do BNG de Ourense, Bernardo Varela.  A Baixada poboacional continua dende que o PP goberna a provincia, acompañada dunha situación económica cada vez máis dependente do público (pensións, por outro lado as máis baixas do Estado e funcionariado), fan desgraciadamente da nosa unha provincia con escaso dinamismo e que semella agardar que veñan de fora a arranxarnos a casa.

                Desde o BNG entendemos que esta provincia ten futuro, ten potencialidade e ten cidadáns e empresas que están dispostas a traballar por un futuro mellor. Pero precisa urxentemente políticas que crean nesas posibilidades, que ofrezan traballo e calidade de vida para os que aquí nacen, cada vez menos por certo, e os que estén dispostos a achegarse desde outros lugares ou regresar. Para empezar apostamos pola autonomía municipal, declara Varela, o concello é a administración que mellor coñece as necesidades da súa veciñanza e o seu tecido económico e por elo debe dispor de orzamentos que lle permitan actuar sin tutelas. Así mesmo, propomos medidas de vertebración do territorio en canto a transporte público, o mantemento dos servizos públicos como a sanidade, a protección do noso medioambiente e que os nosos recursos (vento, auga, territorio,…) favorezan en primeiro lugar aos que aquí habitan.

Aproveitamos para demandar que a Deputación abra liñas económicas específicas de colaboración cos municipios en temas que entendemos de interés público e que se soliciten ao Estado medidas que permitan paliar o sobreesforzo que están a acometer os concellos en temas como o alumeado público. E que os Fondos Europeos Next Generation, cheguen efectivamente aos pequenos concellos da nosa provincia, recordemos que son 91 dos 92, e que difícilmente poden competir nestas liñas de axudas con grandes ciudades e en moitos casos as axudas que saen para concellos de menos de 20000 habitantes en liñas abertas polo goberno do Estado son pírricas e non merece a pena siquera o esforzó de presentarse.

                Entendemos desde o nacionalismo que existe esperanza, que temos futuro, pero para elo é preciso un cambio de rumbo e creer no País. E aínda que sexa complexo artellar ese cambio de modelo en 10 puntos, queremos trasladar que a xente de Ourense só precisa que se xeren postos de traballo e calidade de vida para que esta situación semicomatosa na que nos atopamos revirta. E neso deben de empregar todos os seus esforzos as administracións e a eso se ten que poner a Deputación Provincial, propiciando sinerxias co tecido económico e social da man do resto das institucións, e demandando ante as Administracións superiores o que é xusto para a provincia.

PROPOSTAS DE RESOLUCIÓN

  1. Establecer con carácter inmediato unha mesa de diálogo onde estean representados os grupos políticos desta Deputación Provincial e os Concellos da Provincia e na que se estude un novo modelo de reparto con criterios obxectivos dos fondos da Deputación Provincial destinados á cooperación cos municipios. Establecendo un mínimo do 25% do presuposto provincial co que contribuirá ó obxectivo fundamental da Deputación que cabe recordar, é colaborar cos Concellos da Provincia no seu sostemento e prestar colaboración técnica e económica para que podan actuar a prol da cidadanía. Este novo Plan debería estar operativo para o reparto proporcional do remanente de tesourería do presente ano 2022.
  2. Remudar totalmente o papel do Inorde ou simplemente que desapareza como tal, vista a súa inoperatividade como factor de desenvolvemento da Provincia de Ourense, dado que o seu orzamento se consume en gastos de persoal e funcionamento. Sendo que as escasas accións que desenrola poden ser perfectamente executadas denda propia Deputación, dun xeito consideramos que incluso mais áxil e reducindo costes.
  3. Ante o razoábel funcionamento, tanto pola satisfaccións dos usuarios como polas taxas mantidas, así como pola experiencia fallida doutros servizos que tiveron que ser recuperados para a xestión pública, esta institución comprométese ao mantemento do servizo público de recollida de lixo que esta Deputación provincial presta a máis de medio centenar de concellos da provincia de Ourense. Adaptando este servizo público ás novas esixencias  que emanan da Lei 7/2022, de 8 de abril de residuos e chans contaminados para unha economía circular e á realidade de inserción no territorio da poboación na nosa provincia.
  4.  Esixir a todas as administracións competentes (Estado e Comunidade Autónoma) en materia de regulación enerxética, que se estableza un novo mapa eólico galego con criterios de preservación do noso territorio dendun punto de vista social, medioambiental e patrimonial. E que ó tempo os beneficios obtidos dos recursos naturais (nomeadamente a auga e o vento) que son de toda a veciñanza de Ourense, revertan na poboación local tanto mediante os pagos directos ós propietarios, os tributos ós Concellos e o desenvolvemento de Plans Industriais e tarifas enerxéticas propias que favorezan o desenvolvemento do territorio da Provincia.
  5. Demandar da Xunta de Galiza aumentar o orzamento destina­do á Atención Primaria até chegar ao 25%. No inmediato aumentar o 2,2% (máis de 200 millóns de €) para chegar á media do Estado.  Que incremente a estabilidade e cantidade dos ca­dros de persoal para que podan atender os pacientes en tempo e forma. Re­matar coa precariedade nas condicións laborais do persoal que atende a saúde, co fin de garantir calidade asistencial, e que traballar e conciliar non sexa misión imposíbel. Solicitarlle a posta en  marcha dun Plan de retorno, captación e fidelización de pro­fesionais, con ofertas atractivas e competitivas tanto no ámbito económico como das condicións laborais. E por último demandar da Xunta incorporar categorías novas: psicoloxía clínica, terapeutas ocu­pacionais, logopedas, traballado­ras sociais, podólogos, ópticos-op­tometristas... con profesionais, que si existen, para poderen ser con­tratad@s.
  6. Demandar da Xunta de Galiza a que en colaboración coa Deputación de Ourense e coas reclamacións económicas que procedan os causantes de dita situación, por en marcha as actuacións necesarias para reverter o estado de illamento extremo no que se atopa a veciñanza de San Vicente de Leira, no concello de Vilamartín de Valdeorras, debido ao corte físico da estrada OU-0807e ao deterioro do paso sobre o Pereanes na estrada do Mazo.  Así como establecer entre ambas administracións de inmediato, protocolos específicos para asistir á veciñanza en caso de emerxencia, e que esté garantida a cobertura desta poboación. Así mesmo comprometese esta Deputación a colaborar co concello de Vilamartín para mellorar a seguridade viaria da Estrada que úne O Mazo con Robledo de San Vicente de Leira. Demandar da Xunta que proceda á consolidación e arranxo da ponte sobre o regato Pereanes para garantir o acceso á parroquia neste outono/inverno e polo tanto o acceso da veciñanza de San Vicente de Leira ás súas propias casas e aos servizos públicos. E demandar da Xunta  establecer un convenio de colaboración coa Deputación ourensá para atinxir unha alternativa segura e viábel para o acceso a San Vicente de Leira a través da OU-0807.
  7. A Deputación demanda da Xunta de Galiza e o Concello de Ourense establecer o sistema de buses necesario, para en colaboración cos concellos da provincia interesados materializar un servizo integrado de transporte público. Que permita achegar as vantaxes do AVE ao resto dos Concellos da provincia que o demanden, especialmente ós da área máis próxima á capitalidade e a estación de A Gudiña.  Así mesmo a Deputación comprométese cuns servizos ferroviarios dignos para esta provincia e insta a Xunta de Galiza e Estado a impulsar a creación dun Ente Ferroviario Galego e de servizo de proximidade con comunicación provincial e interprovincial á par que demanda  reabrir as estacións de tren clausuradas na provincia, como a de Ribadavia, A Rúa, O Barco, así como a mellora e modernización da rede ferroviaria galega.
  8. Esta Deputación provincial establecerá unha liña de axudas económicas a concellos para axudar a adaptación dos cemiterios públicos municipais ás crenzas ideolóxicas e manifestacións culturais a respecto da morte, que cada día son máis diversas na sociedade ourensá.
  9. A Deputación Provincial de Ourense demanda do Goberno do Estado Español a creación dunha tarifa especial para o alumeado público dependente dos Concellos tal como a que existía ata 2009. Por ser este un servizo público de primeira necesidade cuio incremento está a afundir as economías locais, e só se xustificou daquelas na necesidade de manter os beneficios das grandes enerxéticas ante a caída do consumo.
  10. A Deputación de Ourense solicita do Goberno de Estado e da Xunta de Galiza o establecemento de liñas directas de axudas ós Concellos, de Fondos Next Generation, para que dentro do cumprimento das liñas para eles establecidas pola Unión Europea. Todos os Concellos teñan unha cantidade mínima de 100.000 euros de dotación, máis un complemento proporcional en función de criterios tales como poboación, dispersión poboacional e avellentamento.
O BNG presenta dez propostas coas sacar da parálise a provincia de Ourense na que a ten sumida o PP