Defendemos o sistema de préstamo para os libros de texto

Defendemos o sistema de préstamo para os libros de texto

No próximo curso, a entrada en vigor da LOMCE en 1º, 3º e 5º de Educación Primaria e 1º de Formación Profesional, obrigará a este alumnado a comprar libros adaptados a esta nova lexislación. O estudantado afectado por esta medida non poderá aproveitar os libros dos bancos existentes, irmáns, etc o que sumado ao recorte do 40% do programa de financiamento de libros de texto e material escolar pode provocar gravísimas dificultades para moitas familias.

IMG_0289

O BNG sempre defendeu o ensino obrigatorio gratuito entendido éste non só como a gratuidade das clases senón tamén extendido aos libros e ao material escolar. Neste senso, consideramos que a mellor opción e o sistema de préstamo universal que non supón custe para as familias e conleva un aproveitamento dos libros coa conseguinte reducción de gasto para as administracións.

A proposta de volver ao sistema de préstamo universal foi presentada recentecemente polo BNG no Parlamento galego e rexeitada polo PP, porén dende o grupo municipal queremos insistir nesta iniciativa e que a corporación local de Ourense se implique na petición á Xunta de Galiza para avanzarmos na gratuidade total de todos os medios que se utilizan no ensino público.

Tamén reclamamos que o goberno galego non cambie os libros de texto para o vindeiro curso escolar naqueles cursos nos que se vai implantar a LOMCE, decisión xa tomada noutras comunidaes autónomas.

Defendemos o sistema de préstamo para os libros de texto