A capitalidade da cultura 2014 do Eixo Atlántico apenas se promociona fóra de Ourense
O Grupo Municipal do BNG preguntou no Consello Municipal da Cultura do pasado sábado 24 de Abril sobre a promoción de Ourense como Capital da Cultura 2014 por parte do Eixo Atlántico sen obter resposta por parte dos responsábeis do goberno.
O Eixo Atlántico limítase a pór un banner na súa páxina que liga á web local sobre as actividades e nós facemos as actividades e o traballo de difusión indica Ximena González, que engade engadimos ao que esta cidade fai cada ano 3 ou 4 actividades chamámoslle capitalidade cultural e o Eixo Atlántico tira rendemento dun traballo que non fai, así non é de extrañar as queixas das asociacións e xestores culturais no Consello Municipal sobre a improvisación e a falta de planificación cultural do goberno.
No propio Consello Municipal da Cultura, tanto o BNG como outros colectivos reclamaron a necesidade de expresar ao Eixo Atlántico a disconformidade co seu trato a esta capitalidade da cultura para Ourense que non ten unha promoción específica por parte do organismo a nivel internacional limitando enormemente a virtualidade da súa existencia. Ximena González, que asistiu á reunión do pasado Consello Municipal da Cultura sinala se algo tiña en valor a capitalidade europea é a súa promoción internacional, se só a facemos dende o local excusábamos engadir o logo do Eixo e así o manifestamos dende o BNG na reunión do sábado, onde non fomos as únicas, ademáis haberá que replantexarse ser unha das cidades que pertencen a un organismo que non funciona.
Para o BNG que a promoción dos maios como parte do Eixo Atlántico comece o luns cando son o domingo dá idea de como se traballa no Concello e no Eixo, sen promoción este tipo de nomeamentos perden gran parte do seu valor. O Concello de Ourense o Eixo Atlántico deberan levar meses traballando na difusión da Capitalidade Cultural 2014 para Ourense, de xeito que ademáis de servir como dinamizadora da actividade cultural da cidade de forma limitada pois o 90% das actividades xa se viñan programando na cidade- servise como polo de atración nacional e internacional e para visibilizar a acción cultural de Ourense alén das nosas fronteiras, promocionando nomeadamente no norte de Portugal non só as actividades destes dous meses senón o ciclo festivo e o resto de actividades de Ourense tamén para o noso desenvolvemento turístico.
Para o BNG, di Ximena González neste Concello traballase sen planificación en ningunha área de goberno e esta é outra proba. Unha foto cos señores que cobran grandes salarios de fondos europeos para xestionar o Eixo Atlántico non vai facer que máis xente visite e viva a actividade cultural da cidade nen vai axudar á cultura de base en Ourense.
Ourense, 28 de abril de 2014