O voceiro do Grupo Municial, Xosé Somoza, esta rehabilitando unha vivenda
O longo proceso de concesión da licenza de rehabilitación integral foi informado favorablemente por diferentes técnicos municipais e pola Confederación Hidrográfica
Ante a información que publica hoxe La Región, o concelleiro nacionalista Xosé Somoza Medina quere facer constar as seguintes apreciacións:
- O enxeñeiro municipal e a arquitecta municipal establecen nos seus respectivos informes técnicos de data 16 e 23 de agosto de 2013 que non cabe a fixación de aval por estar as referidas obras de urbanización no orzamento do proxecto presentado. A maior abundamento, no informe do asesor xurídico de data 26 de novembro de 2013, explicítase que a parcela é dunha vivenda unifamiliar preexistente, a cal xa é un solar toda vez que estamos ante obras de rehabilitación integral, (e por tanto) non procede a fixación do aval para garantir as obras de urbanización.
- Os informes técnicos municipais e da Confederación Hidrográfica establecen sobre a titularidade dos accesos:
Consultado o parcelario do ano 1996 e o catastro actual observase claramente que o camiño a informar é público sen lugar a dúbidas
As dúas isletas ou xardinillos aos que fai referencia no seu escrito atópanse en zona de dominio público e en parte afectados por unha servidume de acueducto que se impuso na zona de paso do colector.
- A obra non está paralizada polo Concello, a empresa promotora deixou de enviar os obreiros desde os altercados provocados a mañá do día 24 de marzo por Dª Dominga Fernández Rodríguez e os seus fillos, con atestado policial incluido. Ese luns, os obreiros pretendían asfaltar o tramo da rúa Marcial Valladares, dando cumplimento a licencia urbanística concedida polo Concello, pero estes veciños impediron esa actuación colocando unhas pedras de grandes dimensións (como xa fixeron hai 30 anos) e ante a gravidade das ameazas e o consello da Policía Local o Director da Obra decidíu aprazar o asfaltado da rúa pública. Estes veciños solicitaron hai tempo 20.000 euros a outro veciño por levantar os xardiniños que eles puxeron sobre Dominio Público Hidráulico.
- Na oficina virtual do catastro tamen quedan claramente establecidos os límites de cada propiedade e o carácter público do vial.
- O expediente de rehabilitación integral de este futuro fogar en Oira é, probablemente, un dos expedientes máis coñecidos e transparentes dos que agora mesmo se están xestionando no Concello de Ourense, pois prácticamente todos os técnicos coñecen paso por paso toda a súa longa tramitación, pois nalgún momento tiveron que informar sobre algunha cuetión, e foi tamen revisado recentemente tanto polo Grupo Municipal do PP como polo Grupo Municipal de DO.
[ Documentación COMPLETA para a consulta ]
Ourense, 24 de abril de 2014