Denuncian a inexistencia de limpeza nos colexios públicos da cidade
O BNG critica o atraso de varios meses da constitución da Xunta de Área de Cultura e Educación do Concello de Ourense. Así como a inexistencia dunha contratación para o servizo de limpeza dos colexios públicos da cidade.
A concelleira do BNG, Rhut Reza, criticou que a lentitude coa que se convocou a constitución da Xunta de Área de Cultura e Educación. Esta mesma reunión empregouse únicamente para ser de constitución e foi imposíbel facer preguntas. "Queríamos trasladar unha pregunta de carácter urxente ao goberno local en relación aos servizos de limpeza dos colexios públicos e foinos imposíbel" sinalou a concelleira.
A información que posúe a día de hoxe o BNG é que as traballadoras de limpeza non puideron realizar o seu traballo nos centros públicos de ensino porque non tiñan formalizados os seus contratos laborais. "Onte as traballadoras non puideron limpar e
Segundo afirmou a concelleira Rhut Reza "este verán houbos colexios onde se realizaron reformas de reparación nos centros escolares e onte mesmo os docentes dos mesmos comezaron a súa labor". Asemade, a empresa adxudicataria renunciou a seguir coa contratación "atopándonos nunha situación extrema" ao comezar "de maneira inminente o curso escolar".
Instalacións deportivas: mesma situación e mesma solución?
Esta non é a primeira vez que acontece, segundo informou o BNG, xa que dende o Consello Municipal de Deportes a empresa adxudicararia de limpeza das instalacións deportivas tamén renunciou, no seu momento, porque "non lle era rentable". Posteriormente, esta mesma empresa foi adxudicataria dun novo concurso público mais cun maior orzamento para a empresa.