A DEPUTACIÓN DE OURENSE REXEITA ACTUAR CONTRA A INTERMODAL POR CONSIDERALA SÓ UN PROBLEMA ESTÉTICO

Bernardo Varela pleno provincial
Bernardo Varela
  • O goberno provincial rexeita a demanda do BNG de presentar un recurso contencioso administrativo contra a intermodal do tanden Rajoy-Sánchez, por considerar que é un tema estético.

 

  • BNG arranca o apoio da corporación para aumentar o número de maquinistas e servizos ferroviarios na Galiza e en Ourense. 

 

  • Bernardo Varela traslada no pleno provincial o apoio do BNG ao Doutor Castrillo ante a inxusta sanción 
A DEPUTACIÓN DE OURENSE REXEITA ACTUAR CONTRA A INTERMODAL POR CONSIDERALA SÓ UN PROBLEMA ESTÉTICO

O grupo Popular na Deputación de Ourense, co respaldo de dona Montse Lama, deputada non adscrita,  rexeitou hoxe presentar un recurso contencioso-administrativo que posicionarse o ente provincial en contra da aprobación definitiva do estudo informativo do proxecto de estación  intermodal de Ourense. 

Si deu este paso o PSOE, desmarcándose do aprobado polo tanden Sanchez-Rajoy, ou o que é o mesmo o PP e PSOE madrileños. “Mentres permitamos que Madrid decida o noso futuro, Ourense seguirá a esmorecer”, declara Bernardo Varela voceiro do BNG na Deputación de Ourense .

 “Creemos que Ourense, indica o voceiro nacionalista, non merece o desleixo do goberno do Estado, pero ainda menos dos seus representantes políticos, deixando pasar unha oportunidade única de reordenamento urbanístico e creación de espazos verdes e dotacionais por máis de cen mil metros cadrados no centro da cidade,  entre os barrios do Vinteun e A Ponte”

O que resulta sorprendente para o BNG son as declaracións vertidas por  Jorge Pumar, voceiro do PP, que  cualificou esta problemática de “TEMA ESTÉTICO” para non respaldar o recurso contencioso-adminstrativo;  “supoñemos que descoñece do que está falando” afirma Bernardo Varela.

 

O BNG acada o apoio para aumentar os maquinistas e melloras nos servizos ferroviarios

 Bernardo Varela acada que a Deputación se posicione na defensa dos servizos ferroviarios de Galiza e Ourense. 

 Entre estas acordos están as demandas de aumentar o número de maquinistas, “cuia carencia está detrás da suspensión de varios trens” declara Varela; a demanda de recuperar liñas suprimidas co gaio da pandemia polo goberno do Estado, así como axeitar as frecuencias dos trens ás necesidades reais de traballadores e estudantes.

Varela tamén arranca da Deputación o compromiso de reclamar do goberno do Estado que estación de mercancías de Ourense, actualmente na Estación Empalme, sexa trasladada ao Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas, tal e como demandan os empresarios do Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas. “Isto permitirá liberar uns 140.000 metros cadrados que ocupa actualmente a zona de mercancías da Estación Empalme na capitalidade provincial, e á vez optimizar o funcionamento deste tipo de transporte ao situala nunha ubicación onde se move o 90% das mercadorías de Ourense” manifesta varela 

 

O BNG manifestou o seu respaldo ao Doutor Castrillo

 Antes do remate do pleno, na quenda de rogos, Bernardo Varela, aproveitou para manifestar o apoio do BNG ao Doutor Castrillo, figura destacada na defensa do paridoiro de Verín, fronte á persecución da Xunta de Feijóo contra os que non se someten aos seus designios

 Para o BNG esta situación é escandalosa e a única saída admisible é que se retire o expediente, que a sanción non sexa nin dun minuto nin un só euro, e que o PP pida desculpas por ser a man escura desta persecución.

A DEPUTACIÓN DE OURENSE REXEITA ACTUAR CONTRA A INTERMODAL POR CONSIDERALA SÓ UN PROBLEMA ESTÉTICO