“A dereita e a esquerda estatal teñen algo en común: non teñen ningún proxecto político para Galiza”

“A dereita e a esquerda estatal teñen algo en común: non teñen ningún proxecto político para Galiza”

  • “As forzas estatais estanse concentrando nos diferentes territorios en expulsar aos nacionalismos do Congreso e do Senado”, advirte a candidata

“A dereita e a esquerda estatal teñen algo en común: non teñen ningún proxecto político para Galiza”, dixo Noa Presas, cabeza de lista do BNG por Ourense, esta mañá nun encontro aberto con veciñas e militancia en Amoeiro. “Neste contexto sen maiorías absolutas pero tamén sen propostas políticas concretas, o voto ao BNG é o verdadeiramente útil. Só o BNG é garantía da defensa incondicional das traballadoras e traballadores galegos porque nos debemos a elas e non ás cúpulas de Madrid”, dixo Presas que insistiu en que “a xente do BNG é a que ten os pés, o corazón e a cabeza no país”.

A cabeza de lista do BNG por Ourense advertiu tamén que “as forzas estatais estanse concentrando nos diferentes territorios en expulsar aos nacionalismos do Congreso e do Senado”.

LIÑAS VERMELLAS

Noa Presas falou en Amoeiro da necesidade de contar con instrumentos financeiros propios, como unha Facenda galega e unha Banca pública galega. Dixo Presas que a banca pública permitiría “non só xestionar parte desde aforro galego –máis de 14.000 millóns de euros- que se inviste en créditos fóra do país, senón tamén recuperar para o rural os servizos bancarios que se perderon en moitos concellos ourensáns despois da privatización das caixas de aforro”.

Presas insistiu en que unha das liñas vermellas do BNG para apoiar calquera novo goberno no Estado será a introdución da tarifa eléctrica galega, o que suporía abaratar nun 30% a factura que pagan os fogares e as empresas de Ourense, unha provincia excedentaria en canto a produción eléctrica.

 

ENQUISAS

Respecto das enquisas publicadas esta mañá por diferentes xornais, Presas advertiu que o prognóstico para Ourense está condicionado “pola polarización que se está producindo a nivel do Estado, xa que aquí na provincia e en Galiza tanto PP como Podemos prefiren unha campaña sen debates, de baixa intensidade e que se escoite só a seus líderes estatais”.

 

“A dereita e a esquerda estatal teñen algo en común: non teñen ningún proxecto político para Galiza”