Eduardo González, Laura De Matos e Raquel Vázquez candidatos do BNG ás alcaldías de Amoeiro, A Peroxa e Coles.

ERI, NOA PRESAS, LAURA DE MATOS, RAQUEL VÁZQUEZ
ERI, NOA PRESAS, LAURA DE MATOS, RAQUEL VÁZQUEZ

Noa Presas  “O BNG vai dar un salto nas municipais do próximo 28M e cada voto ao BNG vai valer dobre, para mellorar a vida da veciñanza de Coles, Amoeiro ou A Peroxa e para desaloxar ao PP da deputación de Ourense “

Laura de Matos   “Promoveremos unha ordenación territorial xusta para A Peroxa para que as terras e os montes estean sempre cultivadas e producindo beneficios para todas as persoas, agricultoras, gandeiras, viticultoras, madeireiras e propietarias dos terreos.”

Raquel Vázquez candidata á alcaldía de Coles “este ano imos acadar un resultado que vai permitir que o nacionalismo teña novamente voz neste concello, co esforzo colectivo da candidatura, un conxunto de persoas que defenden os intereses e os servizos públicos.”

Eri "Amoeiro merece un centro día para @s maiores, unha gardería para os cativos, un transporte público eficiente, un plan cultural e deportivo anual ,traballo digno e un medio ambiente coidado."

 

Eduardo González, Laura De Matos e Raquel Vázquez candidatos do BNG ás alcaldías de Amoeiro, A Peroxa e Coles.

O BNG deu a coñecer nun acto público en Cambeo no que interviu a deputada no Parlamento de Galiza, Noa Presas, as persoas que encabezarán as listas nos concellos de Amoeiro, Eduardo González “ERI”; A Peroxa, Laura de Matos; e Coles, Raquel Vázquez. Presas quixo por en valor o Modelo BNG que representan estas “candidaturas que teñen detrás o bo facer dos concellos do BNG, con transformacións recoñecidas internacionalmente como a de Allariz, Pontevedra ou Carballo. Alí onde goberna o BNG hai semente de futuro, confianza no país e orgullo polo concello”

INTERVENCIÓN NOA PRESAS
INTERVENCIÓN NOA PRESAS

Raquel Vázquez,  a candidata á alcaldía de Coles é funcionaria de carreira desde fai 20 anos, porén traballaba na empresa privada desde os 19 anos. Eduardo González  candidato á alcaldía de Amoeiro, toda a veciñanza coñeceo polo nome de “ERI”, é bombeiro forestal da Xunta de Galiza desde fai 30 anos, delegado de persoal da CIG,  e cun longo percorrido activista en organizacións culturais, humanitarias e ecoloxístas. Laura De Matos candidata á alcaldía da Peroxa, traballa na empresa privada, vinculada ao tecido veciñal do concello.

Actuación durante o acto de presentación de candidatas da mancomunidade
Actuación durante o acto de presentación de candidatas da mancomunidade

Os candidatos  facían así mesmo público que levan meses traballando e organizando as súas respectivas candidaturas que en moi pouco tempo darán a coñecer á veciñanza. Tamén revelaron algunhas das liñas mestras dos programas electorais, froito da participación coa veciñanza, coa que aspiran a transformar os seus concellos desde gobernos municipais liderados polo BNG. 

ACTO PÚBLICO
ACTO PÚBLICO

 

 Laura de Matos quixo por de manifesto a necesidade de darlle impulso á industria da Peroxa, o apoio a restauración de vivendas, e a importante labor de por en valor o relevante patrimonio natural, cultural e histórico da Peroxa. Laura de Matos continuou sinalando que desde o BNG “traballaremos por unha ordenación territorial xusta, para garantir que as explotacións existentes acaden suficiente terreo, de plantacións cerealeiras, de pasto, de ensilo, de masas arbóreas, de setas, de froitos, etc, que lles permitan a súa sustentabilidade e/ou mellora económica, e de tempo de traballo. para que as terras e os montes estean sempre cultivadas e producindo beneficios para todas as persoas, agricultoras, gandeiras, viticultoras, madeireiras e propietarias dos terreos.”

INTERVECIÓN LAURA DE MATOS
INTERVECIÓN LAURA DE MATOS

Eri, candidato á alcaldía de Amoeiro sinalou que Amoeiro merece un centro día para @s maiores, unha gardería para os cativos, un transporte público eficiente, un plan cultural e deportivo anual ,traballo digno e un medio ambiente coidado.

INTERVECIÓN ERI
INTERVECIÓN ERI

Pola súa banda Raquel Vázquez sinalou algunhas das necesidades do concello que aboradarán en profundidade como a promoción económica, impulso da  cultural, sinaladamente a banda de música, e cunha especial atención aos servizos socias de benestar e igualdade en Coles.

INTERVENCIÓN RAQUEL VÁZQUEZ
INTERVENCIÓN RAQUEL VÁZQUEZ
Eduardo González, Laura De Matos e Raquel Vázquez candidatos do BNG ás alcaldías de Amoeiro, A Peroxa e Coles.