Aprobada por unanimidade da Deputación a iniciativa do BNG a prol da sustentabilidade da agricultura e a gandeiría ecolóxica na provincia de Ourense.
Bernardo Varela conquería o respaldo de todos os grupos políticos na Deputación a esta inciativa que o propio PP rexeitaba no Parlamento de Galiza
O voceiro do grupo provincial do BNG de Ourense, Bernardo Varela, conqueriu o apoio unánime para que desde a Deputación se esixa a Xunta de Galiza o incremento de máis de dous millóns de euros necesarios para cubrir todas peticións existentes para a produción en ecolóxico en 2022 e así mesmo, o grupo nacionalista tamén acadou o consenso de todos os partidos para demandar que a Xunta poña os fondos necesarios para garantir que todas as solicitudes dos próximos anos para produción en ecolóxico sexan cubertas. Tamén se acordou esixir á Xunta de Galiza que se tome en serio un sector tan importante coma este e aporte todas as medidas necesarias para garantir o establecido pola Unión Europeas de acadar o 20% de superficie agraria útil en ecolóxico para 2030.
A sustentabilidade da agricultura e a gandeiría ecolóxica na provincia de Ourense viuse ameaza pola falta de fondos para a convocatoria de 2022 que se ten producido pola absoluta deixazón da conselleira de medio rural, indicou Varela ,que continuou afirmando, que incremento na cantidade de solicitantes non se viu acompasado cun incremento nas partidas orzamentarias da PAC destinadas a este fin. A pesar de que a provincia de Ourense e o resto de Galiza apenas chegan ao cinco por cento de superficie agraria útil destinada a agricultura ecolóxica, cando o marco europeo incide que a 2030 será necesario chegar a máis dun vinte por cento de superficie agraria útil destinada a este fin.
Evidentemente a agricultura ecolóxica ademais de supor unha maior capacidade económica para os labregos, tamén supón un maior respecto polo medio ambiente, un aumento da biodiversidade e tamén trata de conseguir uns produtos diferenciados e de maior calidade que garantan a pervivencia do entorno rural galego.
Por iso a aposta da Unión Europea cara este fin, que desgraciadamente desde a conselleira de medio rural non acompasou no 2022, deixando fora a máis do cincuenta por cento dos solicitantes de agricultura ecolóxica, o que comprometeu o futuro de moitas destas explotacións e fixo que parte delas se desen de baixa para próximos anos na produción ecolóxica.
Ratificación de fillas predilectas de Antoia Ferrin e Marisa Crespo
Hoxe o pleno provincial ratificaba o acordo de nomeamento das primeiras fillas predilectas de Ourense a proposta do BNG, a doutora Marisa Crespo Leiro e a titulo póstumo á doutora Antonia Ferrín Moreiras.
Esta decisión foi froito da moción do BNG presentada no pleno da provincia do mes febreiro. Nesta iniciativa o BNG procuraba o recoñecemento público pola insitución provincial de mulleres destacadas nos seus ámbitos da provincia de Ourense, algo que até o momento non se tiña producido, e que supón unha completa deixazón do grupo de goberno cara o 50% da veciñanza da nosa provincia.
Escasa aportación económica provincial a servizos sociais
Desde o grupo provincial do BNG trasladouse a consideración no transcurso do pleno a insuficiencia de recursos destinados aos programas “Ben Ourense” , para infancia para servizos complementarios, como punto de atención á infancia , SAF básico, como o de Ben Ourense persoal técnico 2023.
En total destináronse 1.700.000 euros no que supón a maior aportación da Deputación provincial cara os concellos en materia de servizos sociais. “Desde logo unha aportación ben escasa se se ten en conta os máis de 91.000.000 euros dos que dispón a Deputación de Ourense no seu orzamento deste ano”.