O espazo público é de todas: por un maior control das terrazas

O espazo público é de todas: por un maior control das terrazas

O BNG de Ourense realizou un acto reivindicativo na rúa do Paseo reclamando un maior control sobre a actual ordenanza de terrazas mentres non se elabore a nova na que o goberno di estar traballando dende hai máis de seis meses. Este foi o texto que repartimos:

O espazo público *as rúas, as beirarrúas, as prazas, etc* son de todas/os!

A situación

- O Concello non esta regulando as terrazas de xeito adecuado e non se cumple a actual ordenanza de veladores.

- Hai un abuso na colocación de cadeiras, mesas e elementos das terrazas que invaden o espazo público e impiden, en moitos casos, o paso normal das persoas.

- Moitas desas terrazas que dificultan o paso ou o uso dos espazos públicos non estan pagando as taxas correspondentes xerando competencia desleal con quen cumple coas súas obrigas legais.

- Hai situacións inxustas de hosteleir@s que cumplen coa lei fronte a outr@s que non o fan. Existen grandes diferencias no tempo que tardan algúns locais en conseguir licencia ou en pagar as taxas que lles corresponden.

- O BNG leva un ano solicitando que se cumpla a ordenanza actual e que se faga unha actualización ou redacte unha nova ordenanza que a adapte e regule os dereitos de hosteleir@s e veciñ@s.

1800204_617710664983301_799983634_n

Que pedimos?

- Cumplimento da actual ordenanza de terrazas.

- Que se exerza un maior control sobre as débedas co Concello que teñen moitas das terrazas e sobre a legalidade das que están instaladas.

- Revisión e/ou elaboración dunha nova ordenanza de veladores (terrazas) que regule o uso do espazo público e dos horarios para que os intereses privados e públicos sexan respeitados e adaptados á realidade do 2014.

- Que a revisión da ordenanza se faga antes do verán, momento en que o número de terrazas se multiplica na cidade.

1911652_617710684983299_1130990002_n

O BNG quere con este acto simbólico chamar a atención sobre a situación das terrazas e a ocupación privada do espazo público e os problemas que isto xera.

Así o recolleron algúns meios:

O BNG monta unha terraza ilegal no paseo para denunciar a invasión dos veladores (Faro de Vigo)

Terrazas, invasión ou servizo? (Voz de Galicia)

O BNG 'abra unha terraza' para reclamar o control dos veladores (La Region)

terrazas_volantina

O espazo público é de todas: por un maior control das terrazas