Conseguimos que o grupo de goberno inclua o plan de emprego nos orzamentos
Despois do anuncio feito polo responsable de Facenda, José Ángel Vázquez Barquero, de que os orzamentos de 2014 incluirán o financiamento para o Plan de Emprego Municipal de Ourense, o BNG manifesta a necesidade de coñecer o documento completo no que se contemple esta incorporación e o resto de anexos que forman parte da proposta de orzamentos que fai o PSOE.
Esta era certamente unha das condicións que o BNG exixiu que se incluiran para poder apoiar estes orzamentos, pero xa no mes de xaneiro dabamos a coñecer outros requisitos indispensables. Daquela, o grupo municipal do BNG xa adiantaba que non aprobaría o documento si non se recollía o incremento e a inclusión de novas partidas destinadas a paliar a situación de crise que viven a maioría das familias ourensás. Detallando a necesidade de incrementar a partida destinada a emerxencia social. Axudas para alimentación, medicamentos, lentes, etc que no 2013 supuxeron menos de 200.000 .
Tamén sinalabamos antes e agora que se inclúa unha partida para financiar as axudas de emerxencia que precisen as persoas con problemas de acceso á vivenda, abandonadas polas políticas da Xunta e pouco apoiadas por un goberno municipal que limitou o seu apoio a unha simple declaración de intencións no marco do pacto cívico.
Tampouco aparecen orzamentadas partidas para poñer en marcha acordos plenarios impulsados polo BNG, nin se contemplan medidas para promover o desenvolvemento da industria cultural propia como un dos motores de creación de emprego que deben reactivar a esta cidade.