O goberno debe cumplir o compromiso coa compostaxe descentralizada adquirido no pleno de decembro
As nacionalistas solicitaron hoxe, a través do rexistro do Concello, coñecer os pasos que vai dar o goberno de Ourense para facer efectivos os compromisos adquiridos no pleno ordinario de decembro durante o debate da moción presentada polo BNG sobre a compostaxe descentralizada.
Durante o debate en pleno da moción na que o BNG solicitaba o impulso dun modelo de tratamento de residuos sólidos urbanos alternativo ao do SOGAMA cos concellos da contorna e a posta en marcha dun programa de compostaxe descentralizada no Concello de Ourense en 2014 o grupo de goberno adquiriu co BNG este compromiso que hoxe o grupo nacionalista quere facer efectivo.
As nacionalistas preguntan ao goberno cales van ser os pasos que den neste sentido toda vez o que o BNG retirou a moción presentada durante o seu debate polo compromiso adquirido polo goberno. Retiramos a moción porque o importante son os compromisos que se adquire, co BNG e coa cidadanía, importa máis que se exprese a vontade de levar adiante unha proposta que aprobala e non facelo, por iso aceptamos retirar a moción e por iso queremos coñecer o alcance real dese compromiso sinalou Ximena González, que debateu a moción en pleno.
A concelleira Ximena González engadiu esperamos unha resposta responsábel e pasos firmes neste sentido, nós facemos a proposta para que saia adiante, se din que a van impulsar temos que crer que así será mas este é o momento de comezar a demostralo con feitos en relación ao compromiso que esperan do goberno nesta cuestión as nacionalistas. Se non hai avances voltaremos presentar a moción mas agardamos non ter que facelo concluiu.
Ourense, 23 decembro de 2013