O Goberno Local desliza na Xunta de Área de Servizos Sociais ante as preguntas do BNG “que estamos barallando prescindir das vivendas de emerxencia social”

Rhut Reza, Luís Seara, Xosé Manuel Puga e Erea Blanco
Rhut Reza, Luís Seara, Xosé Manuel Puga e Erea Blanco

A Concelleira Rhut Reza considera “un despropósito que habendo familias en situación de vulnarabilidade, que teñen que afrontar o pago de alugueiros excesivos, prescindindo da cobertura doutras necesidades, o Concello lles dea as costas”

Na Xunta de Área de Admon. Xeral, Loxística e Seguridade, o Goberno Local confirmou que os cargadores para os buses eléctricos instalaranse na nave da actual empresa concesionaria. Para Luís Seara “estamos diante dun feito gravísimo e mesmo ilegal”

O Goberno Local desliza na Xunta de Área de Servizos Sociais ante as preguntas do BNG “que estamos barallando prescindir das vivendas de emerxencia social”

Ourense, 12 de decembro de 2023. Na Xunta de Área de Servizos Sociais celebrada esta mañá polo Concello de Ourense e ante a pregunta formulada pola Concelleira do BNG Rhut Reza sobre a situación na que se atopan actualmente os pisos de emerxencia social, a resposta da Concelleira delegada acendeu todas as alarmas no Grupo nacionalista.

Segundo Rhut Reza, “a Concelleira deslizou, tranquilamente, que están barallando prescindir das vivendas de emerxencia social das que dispón o Concello, alegando que son un gasto que non merece a pena, pois eses cartos poden adicarse a outra cousa”.

Rhut Reza denuncia o que desde o BNG “consideramos un despropósito, pois habendo familias en situación de vulnarabilidade, que teñen que afrontar o pago de alugueiros excesivos, prescindindo da cobertura doutras necesidades, o Concello lles dea as costas”, e engade, “desde o BNG urximos a que se arranxen os pisos de emerxencia que están desmantelados desde hai meses para poñelos a disposición das familias máis vulnerábeis”.

O Grupo municipal do BNG tamén destaca que “no seu día o Goberno Local desbotou a nosa proposta de que, puntualmente, se asinara un convenio con todas as entidades do 3º sector que quedaron fóra das axudas por falla de orzamento e agora, segundo anunciou a Concelleira delegada, vai ser a fórmula a empregar a partir do ano que ven”.

Reza agarda que “o camiño polo que optou o Grupo de Goberno chegue a bon porto e desexamos que as entidades reciben o que se lles negou por falla de orzamento, agora suxiren eliminar as subvencións por concorrencia competitiva e que todas as axudas irán vía convenios”.

Desde o BNG lembrámoslle que o problema está na infradotación da partida e nas mesmas bases que establecen o valor do punto. O problema deste Goberno, que vive ás costas das necesidades da veciñanza, sobor de todo, das persoas en situación de vulnearabilidade, é orzamentario pois levan tres anos sen aprobalos”.

Instalación dos cargadores para buses eléctricos.

Pola súa banda, na Xunta de Área de Admon. Xeral, Seguridade e Loxística e ante a pregunta formulada polo Portavoz nacionalista Luís Seara sobre cando, onde e por canto se van instalar os puntos de recarga para que os buses eléctricos adquiridos polo Concello no seu día poidan entrar en funcionamento, a resposta do Concelleiro delegado chamou poderosamente a atención do BNG xa que “afirmou que os puntos de recargan ían instalarse nas instalacións da concesionaria AVANZA, unha empresa que está a prestar o servizo en precario e que polo tanto xa non ten ningún tipo de vinculación contractual co Concello”.

Segundo Seara, “estamos diante dun feito ao noso entender gravísimo e que mesmo podería ser ilegal pois o Concello vai acometer unha obra, neste caso para instalar cargadores eléctricos, nunhas instalacións dunha empresa privada coa que ademais non hai ningún tipo de vinculación xurída a día de hoxe”.

Por outra banda, desde o BNG denuncia que ante a pregunta de canto custa a instalación e sobre quen vai asumir dito gasto, “o que recibimos foi a calada por resposta unha vez máis”.

O Goberno Local desliza na Xunta de Área de Servizos Sociais ante as preguntas do BNG “que estamos barallando prescindir das vivendas de emerxencia social”