ServizosSociais
Novas
Rhut Reza, X.M puga, Luís Seara e Erea Blanco

O BNG reclamará no Pleno do Concello melloras no Servizo de Axuda no Fogar (SAF)

O Grupo municipal nacionalista pedirá o apoio do resto da Corporación para reclamarlle á Xunta un incremento do financiamento até os 20 euros por hora, para a redución dos tempos de agarda das valoracións e para o aumento do investimento por persoa dependente. Tamén pedirán que sexa o Concello quen asuma o incremento de até o 30% que a nova concesionaria está aplicando ás usuarias e usuarios

Ler novas
Novas
Rhut Reza, Concelleira do BNG

O BNG denuncia a pasividade e inacción do Goberno Local diante dos continuos incumprimentos por parte da concesionaria do SAF

A Concelleira Rhut Reza sinala que “a empresa demora constantemente as altas no servizo e todo diante da pasividade e inacción do Goberno Jácome”. O BNG denuncia que a empresa mellor puntuada no proceso de licitación do Servizo actualmente en trámite, Clece SA, “é a mesma que presta o servizo na actualidade pero con outro nome”

Ler novas
Novas
Noa Presas, deputadas por Ourense

O BNG esixirá no Parlamento galego a xestión pública e directa do futuro CAPD

Noa Presas avanzou que o BNG preguntará no próximo Pleno á conselleira de Política Social polo remate da infraestrutura e o modelo de xestión. Despois dos anos de atraso o BNG chama a “respectar a vontade das familias e as demandas ourensás e que a xestión sexa pública”

Ler novas
Novas
Rhut Reza, Concelleira do BNG

O BNG denuncia o peche da UNIS do centro durante todo o mes de agosto e advirte de que é o paso previo “para o seu peche definitivo”

A formación nacionalista critica que “un servizo tan importante como é o que se presta nestas Unidades estea pechado desde o pasado 24 de xullo” e engade, “non é de recibo esta falta total e absoluta de planificación pois a substitución das traballadoras ten que estar prevista por parte do Goberno co obxectivo de evitar ter que pechar todo un Servizo agás que o que se pretenda sexa buscar unha escusa para pechalo definitivamente”

Ler novas