A grúa retira vehículos no Parque Barbaña pola instalación das barracas sen informar @s veciñ@s
Nestes días foron moitas as queixas de veciñas e veciños de Ourense que viron como a grúa retiraba os seus vehículos na zona do Parque Barbaña.
O grupo municipal do BNG pregúntalle ao alcalde, como responsábel da Polícia Local, si se informou previamente de que zonas nas que estaba permitido o estacionamento sexan nestes días espazos prohibidos para tal fin.
A decisión de levar as barracas e atraccións á zona do Paque Barbaña tería que levar aparellada a notificación previa na que se informara de que durante a semana das festas os aparcamentos estaban prohibidos.
A concelleira Ximena González pide que a todas as veciñas e veciños que foron multados sen ter constancia da prohibición lles sexan devoltos os importes das sancións -pago da grúa e multa-.
É curioso, cando menos, que esa sensibilidade para reservar espazos no Parque Barbaña non se teña na rúa da Barreira onde os coches campan as súas anchas todos os días -concelleiras e concelleiros e trabllador@s dalgún grupo político- mais tamén durante as festas, obstaculizando as actuacións dos grupos de música e o paseo dos viandantes que se achegan ao mercado medieval.