O grupo provincial do BNG de Ourense acada un acordo unánime na Deputación de Ourense en defensa do idioma galego

Xosé Manuel Puga, Bernardo Varela, María Mangan
Xosé Manuel Puga, Bernardo Varela, María Mangan

'Un pequeno paso, pero no bo camiño', afirma Bernardo Varela

O grupo provincial do BNG de Ourense acada un acordo unánime na Deputación de Ourense en defensa do idioma galego

O portavoz do grupo provincial do BNG de Ourense, Bernardo Varela, quixo manifestar o seu agradecemento polo apoio unánime de todos os partidos na Deputación ao acordo acadado en torno a defensa do galego a iniciativa dos nacionalistas no ente provincial.

O acordo partiu do recoñecemento de todos os grupos políticos con representación na Deputación de Ourense da existencia dun grave problema coa lingua galega e conqueriuse tras unha proposta do Partido Popular que mantiña toda as liñas de traballo fundamentais propostas polo Bloque Nacionalista Galego.

Acadándose un acordo para que os Servizos de Normalización Lingüística nos concellos de entre 5000 e 20000 habitantes poidan traballar con un respaldo económico e cunha trasversalidade a todas as áreas, así como  que os concellos máis pequenos.

Desde o grupo nacionalista agradecen a sensibilidade de todos os partidos políticos polo apoio; “a lingua singularízanos como pobo e máis aló do carácter identitario tamén ten un importante pouso, que recibimos dos nosos antergos e debemos legar a futuro para empregala en pé de igualdade co resto de linguas do mundo” manifestaba o voceiro nacionalista.

O grupo nacionalista considera este un pequeno paso, pero no bo camiño e que parte do recoñecemento mutuo da existencia dun problema co idioma galego.

O grupo provincial do BNG de Ourense acada un acordo unánime na Deputación de Ourense en defensa do idioma galego