O grupo provincial do BNG de Ourense volta manifestar a repulsa ás represalias contra o Doutor Castrillo
Bernardo Varela considera totalmente inaceptábel a vinganza política contra Castrillo e voltará levar á Deputación de Ourense a denuncia destes feitos.
. Confirmada a resolución do expediente ao Doutor Castrillo no que é condenado a dous días de suspensión de emprego e soldo o voceiro do grupo provincial do BNG, Bernardo Varela, manifestou a súa condena a esta persecución política.
Varela, que xa concitou o apio do pleno provincial no mes de novembro de 2020 para que este se posicionarse en contra de calquera tipo de represalia contra este profesional, voltará levar á institución provincial a denuncia desta sanción totalmente inxustificada.
Tendo en conta que a propia pediatra que interpuxo a denuncia manifestou que o fixo porque lle foi solicitado polo seu xefe a petición da Xerencia, según consta na acta que recolle a declaración da pediatra no marco do proceso activado que derivou nun expediente para Castrillo, isto só responde a un intento de intimidar aos profesionais que non acaten o desmantelamento dos servizos públicos.
O voceiro nacionalista considera estas accións son totalmente impresentables por parte do señor Feijóo e do seu conselleiro de sanidade, que non acaban de asumir o seu erro ao tentar acabar co paridoiro de Verín.
“Desde a organización nacionalista volvemos manifestar a nosa solidariedade e agradecemento ao Doutor Castrillo pola súa labor e valentía, que contribuíu á vitoria social e colectiva da comarca de Monterrei a prol do mantemento da sala e partos” declaraba Bernardo Varela.